Fernando Martínez Morás

xeógrafo e escritor galego

Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado en León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.

Fernando Martínez Morás
Fernando Martínez Morás 1926.jpg
Nacemento31 de maio de 1885
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento11 de setembro de 1937
Lugar de falecementoLeón
Causaaccidente de tráfico
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
PaiAndrés Martínez Salazar
IrmánsMarcelino Martínez Morás
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Andrés Martínez Salazar. Foi comisario pola Coruña na Exposición Rexional de 1909 e concelleiro da Coruña[2]. Ingresou na Real Academia Galega o 20 de novembro de 1926 co discurso La toponimia de Galicia, respondido por Eladio Rodríguez González[3]. Foi secretario da Real Academia Galega dende 1927. Redactor de La Voz de Galicia, publicou artigos no Boletín de la Real Academia Gallega e noutras revistas de historia e literatura.

Amais de á RAG, pertenceu a outras institucións, como a Comisión Provincial de Monumentos, a Real Academia Provincial de Belas Artes e foi secretario do Instituto de Estudios Gallegos.

Morreu por mor dun accidente de tráfico, mentres cubría como xornalista a guerra civil española[4].

ObrasEditar

 
Fernando Martínez Morás, 1910.
  • Las alarmas de Galicia, 1908.
  • La Junta Superior de Subsidios, Armamento y Defensa del Reino de Galicia, 1908.
  • Medios prácticos de fomentar entre la juventud el amor al estudio y el alejamiento de aquellos lugares en que puedan peligrar su honradez y buenas costumbres, 1916.
  • Guía del turista, 1926.
  • La región gallega. Notas geográfico-económicas, 1926, en colaboración con María de los Ángeles Lens de Patiño.

NotasEditar

  1. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  2. "Fernando Martínez Morás". Real Academia Galega. 
  3. Martínez Morás, F. (1962). La toponimia de Galicia. Real Academia Galega. 
  4. "En un sensible accidente pierde la vida un camarada". El Pueblo Gallego. 12 de setembro de 1937. p. 1. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar