Antonio Lens Viera
político galego
Antonio Lens Viera, nado en Matanzas (Cuba) en 1847 e finado na Coruña o 18 de setembro de 1933, foi un político galego. Foi alcalde da Coruña en dous períodos, o primeiro entre 1920 e 1921 e o segundo en 1931.
Antonio Lens Viera | |
---|---|
![]() Retrato en Vida Gallega, 1933 | |
Nacemento | 1847 |
Lugar de nacemento | Matanzas |
Falecemento | 18 de setembro de 1933 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Estudante de Farmacia en Cuba, chegou á Coruña e abriu unha farmacia na cidade. Uniuse ao republicanismo fundando un casino republicano. Foi elixido concelleiro e como Tenente de Alcalde creou o gran Mercado coruñés e a Cociña Económica en 1886. Foi alcalde da Coruña desde o 1 de abril de 1920 até o 28 de xullo de 1921. En 1931 repetiría mandato, sendo o primeiro alcalde do período republicano.
Predecesor: Juan González Rodríguez |
Alcalde da Coruña 1920 – 1921 |
Sucesor: Juan González Rodríguez |
Predecesor: Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas |
Alcalde da Coruña 1931 |
Sucesor: Ángel Senra Fernández |
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Datos do alcalde en galegos.info (en castelán)
- Datos do alcalde en estudoslocais.wikispaces.comArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)
- Datos do alcalde en blogs.ideal.es (en castelán)