Palacio da Ópera da Coruña
O Palacio da Ópera da Coruña é un edificio situado na Glorieta de América da cidade herculina, situado xunto ao parque de Santa Margarida. É a sede da Orquestra Sinfónica de Galicia.
Palacio da Ópera da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | teatro ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | palaciodelaopera.com ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Instalacións
editarO Auditorio principal dispón de asentos para 1.805 persoas. No mesmo recinto, o Palacio da Ópera alberga unha Sala de Cámara, unha Sala de Relatorios, unha Sala VIP e unha área de exposición.[1]
Historia
editarOs terreos da canteira de Santa Margarida foron declarados urbanizábeis no plan xeral de 1985 e en 1988 foron adxudicadas as obras a Ginés e Machado por 1789 millóns de pesetas. As obras foron paralizadas o 8 de marzo do ano seguinte por unha denuncia da Asociación de Veciños sobre o volume do edificio. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia levantou a paralización en xullo e volveuna a aplicar en outubro.[2]
O edificio, obra do Taller de Arquitectura y Urbanismo foi inaugurado o 2 de decembro de 1989 como Palacio de Congresos-Auditorio. O día seguinte celebrouse o III Congreso Nacional de Economía.[2] En 1999 sufriu unha remodelación e reinaugurouse como Palacio de Congresos e da Ópera.[1][3]
Coa construción do novo centro de congresos e exposicións no Porto, PALEXCO, denominouse Palacio da Ópera.[1][4]
Galería de imaxes
editar-
Palacio da Ópera
-
Catarata do Palacio da Ópera
-
Exterior
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Palacio da Ópera
- ↑ 2,0 2,1 Gutiérrez, José Manuel (11-11-2016). "Palacio de la Ópera, un edificio marcado por la polémica". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 27-12-2017.
- ↑ García, Rodri (9-12-2014). "El Palacio de la Ópera de A Coruña cumple 25 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7-8-2017.
- ↑ PALEXCO (2009). Dossier de prensa. p. 4. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2012. Consultado o 07 de agosto de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio da Ópera da Coruña |
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial (en castelán)