José Goyanes Capdevila

médico galego

José Goyanes Capdevila, nado en Monforte de Lemos o 16 de xuño de 1876 e finado en Santa Cruz de Tenerife o 16 de maio de 1964, foi un médico galego.

Modelo:BiografíaJosé Goyanes Capdevila

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento16 de xuño de 1876 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte1964 Editar o valor en Wikidata (87/88 anos)
Santa Cruz de Tenerife, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncirurxián, médico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParentesAlfredo Die Goyanes Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteEnciclopedia universal ilustrada europeo-americana (1908-1930) (pt) Traducir, (vol:XXVI, sec:Goyanes Capdevila (José), p.835-836) Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1256471

Traxectoria

editar

Fixo o Bacharelato nos institutos de Lugo e A Coruña. En 1893 marchou a Madrid para estudar medicina. Licenciouse en 1900 e doutorouse ao ano seguinte cunha tese sobre a influencia da tiroide no crecemento e desenvolvemento. Foi auxiliar da cátedra de Obstetricia na Facultade de Medicina de Madrid, profesor numerario do Hospital Xeral en 1906 e director do Instituto do Cancro ata 1931.

No campo das intervencións cirúrxicas, introduciu métodos e procedementos da súa invención como a ofrioplastia ou restauración plástica da cella e a arterioplastia venosa para o tratamento dos aneurismas ou o método ideal que leva o seu nome. Inventou a anestesia arterial; ideou a narcose directa cerebral despois de numerosos experimentos en animais; creou novos sistemas para a nefropexia ou a gastroenterotomía experimental e construíu un laboratorio de cirurxía experimental onde contrastaba as operacións antes de realizalas no corpo humano.

Realizou un amplo labor científico e de investigación, a cultivou a historia e a literatura, pronunciou conferencias e relatorios dentro e fóra de España e instalou un observatorio astronómico en San Rafael.

Pasou os seus últimos anos en Santa Cruz de Tenerife, onde faleceu.

De Medicina

editar
  • Sobre angioplastia (1905).
  • La sutura en cirugía del sistema vascular (1912).
  • Terapéutica de las estrecheces de esófago, con exposición de un nuevo procedimiento; modificación del cateterismo sin fin Von Hacker (1912)
  • La ureterostomía como operación de urgencia (1918).
  • Introducción al estudio de la operatoria quirúrgica con un resumen estadístico de la labor realizada durante los últimos años (1911-1917) en las clínicas del Hospital General (1918).
  • La trasplantación en cirugía (1920).
  • La mortalidad por el cáncer en España durante los veinte primeros años del siglo actual (volume editado en 1925, en colaboración con José Die y Mas).
  • Cirugía del tiroides (1929)
  • Cirugía de los aneurismas (1942).

Traducións

editar
  • Tratado de obstetricia (1904), de Roberto Mïchaelis Olhshansen e J. Veit.
  • La narcosis (1926), de Winterstein.

Outras obras

editar
  • La leyenda y el culto de Esculapio en la Grecia antigua (1925).
  • Crisotemis. Poemas de la vida breve (1925).
  • Excursiones artísticas por Grecia, Del sentimiento cómico en la vida y en el arte (1932).
  • Tipología de "El Quijote". Ensayo sobre la estructura psicosomática de los personajes de la novela (volume que se publicou, en 1935, cun prólogo de Gregorio Marañón).
  • La personalidad jurídica de Maimónides al lado de su personalidad total (1935).
  • Miguel Serret. Su vida y su obra, sus amigos y enemigos (1936).
  • El Greco, pintor místico (1936).

Recoñecementos

editar

Foi nomeado membro da Real Academia de Medicina (1918), presidente da Liga Española Anticancerosa e das II Jornadas Médicas Gallegas (1931) e socio honorario da Academia Médico-Cirúrxica de Guipúscoa, do Ateneo Médico de Valencia, do Comité Internacional do Cáncer ou do Colexio Norteamericano de Cirurxiáns.

Obtivo a Gran Cruz de Afonso XII, o título de doutor honoris causa da Facultade de Medicina da Universidade de Bordeos, o de oficial da Lexión de Honor francesa e o de comendador da orde militar portuguesa de Santiago da Espada.

Os seus admiradores e colegas de Gaceta Médica Española dedicáronlle un Libro-homenaje Goyanes en 1929.

A Real Academia de Medicina e Cirurxía de Madrid instituíu un premio nacional co seu nome para recompensar anualmente os profesionais que se distinguían na técnica cirúrxica.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar