Enseada do Orzán

baía na Coruña

A enseada do Orzán é unha baía situada na cidade da Coruña, en Galicia. Está aberta ao océano Atlántico e baña as praias de Riazor, do Orzán e do Matadoiro.

Enseada e praia do Orzán
Vista aérea no 2014.

Historia

editar

Ao longo da historia, a enseada do Orzán foi testemuña de afogamentos e de actos de heroísmo que impresionaron a cidade. En 2013 inaugurouse na coiraza do Caramanchón un monumento a algunhas destas persoas:[1][2]

  • O 9 de agosto de 1896 faleceu o neno Juan Darriba, de 11 anos, por salvar a Josefa Fernández.
  • O 25 de agosto de 1897 faleceu o carpinteiro Francisco Alcaraz cando intentaba salvar tres mulleres.
  • O 27 de xaneiro de 2012 faleceron os policías José Antonio Villamor, Rodrigo Maseda e Javier López López cando intentaban rescatar un estudante eslovaco, que tamén faleceu.[3]

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.