Praza da Palloza

praza da Coruña

Coordenadas: 43°21′31″N 8°24′09″O / 43.358572182208, -8.4026101312404

A praza da Palloza é un espazo público do barrio de Catro Camiños na cidade da Coruña. Localízase fronte ao peirao homónimo do porto.[1]

Antiga fábrica de tabacos

A Palloza tamén dá nome á Costa da Palloza, unha das rúas laterais da praza.[2]

Historia editar

 
Monumento ás cigarreiras

A área da Palloza recibiu este nome dende tempos antigos.[3] Nesta zona situábase o cemiterio xudeu, do que se atoparon restos en 1869.[4][5]

En 1808 levantouse na praza a Fábrica de Tabacos.[3]

Arquitectura editar

O edificio máis importante da praza da Palloza é a Fábrica de Tabacos, cunha fachada deseñada polo arquitecto Antonio de Mesa en 1908.[3]

Tamén destacan o edificio dos números 2-3, realizado por Jacobo e Antón Rodríguez-Losada entre 1977-1980 e as vivendas da esquina coa rúa de Concepción Arenal, obra de Ramón Vázquez Molezún, Gerardo Salvador Molezún e Rafael Olalquiaga Soriano realizada entre 1968 e 1974.[6] Na praza sitúase o rañaceos coñecido como Torre Esmeralda pola cor da súa fachada.[7]

Na Costa da Palloza sitúase o edificio das Cigarreras, deseñado por Eduardo Rodríguez-Losada en estilo ecléctico entre 1932 e 1936.[8][9][10]

No centro da praza da Palloza sitúase o monumento ás cigarreiras, da escultora María Jesús Urgoiti.[11]

Galería editar

Notas editar

Véxase tamén editar