Fábrica de Tabacos da Coruña
A Fábrica de Tabacos da Coruña, coñecida co nome da Palloza,[1] foi creada seguindo o modelo das Reales Fábricas como Real Fábrica de Tabacos de La Coruña. A súa arquitectura é de estilo neoclásico.
Fábrica de Tabacos da Coruña | |
---|---|
Edificio da Fábrica de Tabacos en 2007. | |
Edificio | |
Localización | A Coruña |
Coordenadas | 43°21′29″N 8°24′07″O / 43.358194444444, -8.4018055555556 |
Construción | |
Construción | 1804 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Fábrica de Tabacos da Coruña constituíuse como unha manufactura real. Abriuse no ano 1804 e tiña preto de 5000 persoas traballando, das cales, a maioría eran mulleres.[1][2] Durante o século XIX creáronse dez fábricas de tabacos no Estado español. A da Coruña foi a segunda en crearse e acabou sendo a máis grande.[3] Os primeiros conflitos que se rexistran tiveron lugar en 1831 e o 7 de decembro de 1857 tivo nela a primeira folga de mulleres en Galiza polas malas condicións de traballo e pola mecanización da fábrica[4] dentro da corrente ludita que iniciaran os artesáns ingleses. En 1999 Tabacalera fusionouse coa compañía francesa Seita dando lugar á empresa Altadis, que acordou o peche da fábrica en decembro de 2002.[5]
Edificio
editarA sede da fábrica ten a súa orixe nos almacéns dos Correos Marítimos instalados en 1764, adaptados como fábrica polo arquitecto Fernando Rodríguez Romay.[5] En 1828 tivo lugar a primeira grande ampliación, coa que se creou a fábrica nova, pechada e unida coa vella en 1860. Tras varias ampliacións posteriores, entre 1910 e 1925 elimináronse algunhas estruturas interiores e reformouse a fachada da Palloza, que se converteu na principal,[6] quedando a antiga como fachada lateral, mais conservando o cartel.[5] En 1911 instalouse o reloxo, construído pola reloxaría Ungerer.[7]
En 2014 comezaron as obras de remodelación para converter o edificio en sede xudicial.[5] As novas instalacións foron inauguradas o 31 de marzo de 2017[8] e acollen a Audiencia Provincial da Coruña, a Fiscalía e o xulgado de menores, entre outras seccións.[9]
Cultura
editarA Fábrica de Tabacos da Coruña foi o escenario de A Tribuna de Emilia Pardo Bazán.[10]
En 2010 rodouse na fábrica, daquela sen uso, o telefilme A condesa rebelde, sobre a vida de Emilia Pardo Bazán.[11][12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 G. Piñeiro, Isabel. "O ludismo: a fábrica de tabacos de A Coruña". Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ Teixidor de Otto, María Jesús; Hernández Soriano, Teresa (1998). El trabajo de la mujer en las labores del tabaco. La fábrica de València (1887-1914).
- ↑ Pareja Alonso, Arantza. "Liadoras de cigarrillos en Bilbao: esposas, madres y huelguistas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de maio de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ Almanaque das Irmandades (ed.). "« Todos os Eventos Folga na Fábrica de tabacos da Coruña". Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2018. Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "La Fábrica de Tabacos, hoy sede de justicia". El Ideal Gallego (en castelán). 16 de novembro de 2014.
- ↑ Rehabilitación del edificio de la Real Fábrica de Tabacos para infraestructuras judiciales en A Coruña.
- ↑ «Lifting» al reloj de Tabacos. La Voz de Galicia. Consultado o 27 de xullo de 2020.
- ↑ "La Fábrica de Tabacos, lista para su uso judicial". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ Tabacos abre sus puertas a la Justicia. La Voz de Galicia.
- ↑ Obelleiro, Paula. El País, ed. "La memoria perdida de Marineda". Consultado o 18 de decembro de 2017.
- ↑ De edificio emblemático a ruinoso. La Opinión A Coruña.
- ↑ Homenaje audiovisual a la escritora gallega más transgresora. El Mundo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Álvarez, Alonso. Las tejedoras del humo. Historia de la Fábrica de Tabacos de A Coruña, 1804-2000. Fundación Altadis. Consultado o 18 de decembro de 2017.
Ligazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fábrica de Tabacos da Coruña |
- "Así ha quedado el edificio de Tabacos tras su remodelación". La Opinión (en castelán). 31-3-2017. Consultado o 18-12-2017.