Rafael Bárez

avogado e político galego

Rafael Bárez Vázquez, nado en Sigrás (Cambre) o 30 de decembro de 1945 e finado na Coruña o 6 de maio de 1996[1], foi un avogado e político coruñés.

Rafael Bárez


Concelleiro na Corporación Municipal da Coruña
1979 – 1983

Concelleiro de Urbanismo do Goberno Municipal da Coruña
1979 – 1983

Datos persoais
Nacemento 1945 Sigrás, Cambre Galicia Galicia
Falecemento 1996 Coruña
Partido PCG
Profesión Avogado, político
Escultura no parque José Martí de Perillo, Oleiros.

Traxectoria editar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Participou na revolta estudantil de 1968, motivo polo que foi detido en varias ocasións e desterrado das aulas[2]. Ao finalizar ese ano, formou parte da delegación que viaxou clandestinamente a París para participar no acto de constitución do Partido Comunista de Galicia.

Iniciou a súa carreira como avogado laboralista en Ferrol e na Coruña. Foi procesado polos sucesos de marzo de 1972 na cidade departamental, pasou nove meses no cárcere[3]. Exerceu a avogacía na Coruña, ligado ao movemento sindical, e en abril de 1979 saíu elixido concelleiro no municipio coruñés nas listas do Partido Comunista. Ocupou unha tenencia de alcaldía e foi responsábel de Urbanismo, promovendo o primeiro PXOM.

Finalizada en 1983 a lexislatura, abandonou a política activa para exercer a súa profesión nun despacho colectivo na cidade como destacado experto en Dereito Administrativo.

Casado e pai dun fillo, fundou a asociación de xuristas Xusticia e Sociedade, da que sería secretario xeral até a súa morte na Coruña o 6 de maio de 1996.

Recoñecementos editar

 
Monólito na Coruña.

En 1992 recibiu o Premio Fundación 10 de Marzo pola súa contribución á loita polas liberdades e a democracia. Poucos días despois da súa morte, celebrouse en Ferrol unha homenaxe na súa memoria organizado pola Asosiación Xusticia e Sociedade, CC.OO., UGT, PSOE, EU-EG Ferrol e un colectivo de cidadáns co apoio institucional dos concellos da Coruña, Ares, Pontedeume, Oleiros e Narón, ademais de entidades culturais e os Colexios de Avogados de Ourense e Ferrol. En 1996 concedéuselle a título póstumo o Premio Xusticia e Sociedade, que pasou desde ese ano a denominarse "Premio Rafael Bárez". Ese mesmo ano, o Concello de Ferrol dedicoulle unha praza e o de Narón puxo o seu nome a unha rúa pola súa dedicación á causa dos traballadores de Ferrolterra durante a ditadura e pola súa defensa dos dereitos e liberdades dos cidadáns.

En 1997, en véspera do Día da Clase Obreira Galega, o Concello de Oleiros instalou, dentro do parque José Martí, un busto de Rafael Bárez, obra do escultor Manuel Ferreiro Badía.

En maio de 2001, un colectivo de compañeiros de profesión e amigos organizou un acto na súa memoria no Fórum Metropolitano da Coruña no quince aniversario do seu falecemento, no que interviñeron Xesús Alonso Montero, Cristina Almeida, Manuel Rivas, José María Riobó e Antón Luaces, entre outros. Uns días despois, inaugurouse unha rúa co seu nome na Urbanización Soto, na Coruña, nun acto presidido polo alcalde Francisco Vázquez.

O 9 de marzo de 2017, presentouse no Teatro Rosalía de Castro da Coruña un libro que recolle os poemas inéditos escritos por Rafael Bárez na súa estadía no cárcere coruñés. Unha edición ao coidado de Xesús Alonso Montero, Toya Fernández e Manuel Rivas, co deseño gráfico de Pepe Barro e editado por Alvarellos Editora. O acto, que congregou máis de cincocentas persoas[4], contou coa presenza do alcalde Xulio Ferreiro.

En decembro de 2021 o concello da Coruña inaugurou un monólito na súa homenaxe na rúa homónima.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar