Abrir o menú principal

Manuel Ferreiro Badía

escultor galego (1944- )

Manuel Ferreiro Badía, nado na Coruña en 1944, é un escultor galego.

Manuel Ferreiro Badía
Nacemento1944
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterEscola de Arte e Superior de CRBC
Ocupaciónescultor
CónxuxeDocha Riobóo
PremiosPremio Tomás Francisco Prieto
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

A súa obra abarca os diversos campos de creación artística como son a escultura, a pintura, medalla, a cerámica ou o deseño. Destaca principalmente pola súa creación escultórica, incluída a medallística, o que o levou a gañar importantes premios e a estar representado en diversos museos e institucións, tanto nacionais como internacionais.

Manuel Ferreiro Badía gañou en 1985 o Primeiro Premio "Tomás Francisco Prieto" da Fábrica Nacional de Moneda y Timbre, coa súa obra "Percepcións", un dos máis importantes premios europeos de medallística.

Destaca a súa produción de retratos escultóricos e a abundante obra pública do autor.

Obras en museos e instituciónsEditar

Obra públicaEditar

 
Monumento a Castelao nos xardíns de Méndez Núñez da Coruña.
  • 1982 - Monumento a Simón Bolívar – A Coruña
  • 1986 - Esculturas-Mares, Deputación da Coruña
  • 1986 - Monumento a Castelao – A Coruña
  • 1988 - Monumento a Pablo Iglesias Posse – A Coruña
  • 1989 - Monumento a Pablo Picasso – A Coruña
  • 1991 - Monumento a Rosalía de Castro – A Coruña
  • 1992 - Intervención Plástica, en elevado Autoestrada A-9 nudo Norte-Pontevedra
  • 1993 - Deseño áreas de descanso, de estradas dependentes da Xunta de Galicia
  • 1993 - Monumento a Rosalía de Castro – Ferrol
  • 1993 - Intervención plástica en enlaces Arteixo e Laracha, Autoestrada A-55
  • 1994 - Monumento a Torrente Ballester no Campus Universitario – Ferrol
  • 1995 - Mural no depósito para subministración de auga – Ézaro
  • 1997 - Monumento a Rafael Bárez – Oleiros, A Coruña
  • 1998 - Monumento ós Trovadores – Illa de San Simón
  • 1999 - Monumento a Camilo Díaz Baliño – Ferrol
  • 2002 - Intervención plástica en espaldones, portos da Guarda e Baiona
  • 2003 - Monumento a Camilo José Cela – Padrón, A Coruña
  • 2004 - Peza “Mar Ártabro”- Paseo Marítimo, A Coruña
  • 2005 - Monumento ó Camiño - Lourenzá, Lugo

ExposiciónsEditar

Manuel Ferreiro Badia realizou 22 exposicións individuais, e participou en 52 exposicións colectivas das que se poden destacar as seguintes:

  • 1981 - Exposición Internacional F.I.D.E.M. - Lisboa
  • 1983 - Muestra Internacional de Medallística – Florencia
  • 1984 - Certame Hispano-Galo, Casa de Velázquez – Madrid
  • 1984 - Exposición Sala Municipal Kiosco Alfonso – A Coruña
  • 1984 - Expotrén Galicia Itinerante
  • 1985 - Exposición Internacional – Barcelona
  • 1986 - Exposición en Udine - Italia
  • 1986 - Exposición Internacional en Lorient - Francia
  • 1987 - Exposición en el ANA Money Museum - Colorado Springs, EEUU
  • 1990 - XI Bienal de Arte - Pontevedra
  • 1995 - XI Bienal Internacional del Deporte en las Bellas Artes - Madrid
  • 1997 - Exposición Galicia Terra Única – Ferrol, A Coruña e Santiago de Compostela
  • 1997 - III Bienal de Pintura Gran Bazán - Vilanova de Arousa
  • 2001 - VII Mostra Unión Fenosa.( Obra "Coraza Clásica, Adquisición)
  • 2004 - Exposición Internacional F.I.D.E.M. - Seixal, Portugal
  • 2005 - IV Bienal Internacional de Medalha Contemporánea – Seixal, Portugal (Obra "Ática", Mención de Honor)
  • 2008 - Exposición colectiva The Art of Participation del SFMOMA, San Francisco Museum of Modern Art - San Francisco, EEUU.
  • 2008 - Exposición “Arte Gallega Contemporánea” en el Museo de Arte y Arqueología - Viana do Castelo, Portugal.
  • 2009 - Exposición "Lyrical Symposium". Galería Comercial - Chelsea, New York, EEUU.
  • 2009 - Ukranian Art Week - Kiev, Ucrania.(Obra "Gold", Tercer Premio)

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • La escultura contemporánea en Valladolid. Ministerio de Cultura-Museo Nacional de Escultura.1980
  • Plástica Gallega. Francisco Pablos. Caixa de Aforros Municipal de Vigo.1981.
  • Arte Gallego. Editorial Alhambra.1982.
  • Medallistas españoles y franceses. Fábrica Nacional de Moneda y Timbre & Monaie de Paris & Academie des Beaux Arts de Paris.1984.
  • Escultura Gallega del siglo XX. La escultura en Galicia y su significación en la escultura española. Francisco José Portela Sandoval.1985.
  • Aproximación a la escultura pública monumental en Galicia. Mercedes Gallego. 1990.
  • A arte. Carmen Pena López. Biblioteca Básica da Cultura Galega, Editorial Galaxia SA. 1992.
  • Diccionario de pintores y escultores del siglo XX. Francisco de Pablos. Editorial Forum, Madrid. 1994.
  • La escultura pública de Ferrol.P.J. Gonzalez Rodriguez. Concello de Ferrol. 1995.
  • La escultura pública en Pontevedra. Mercedes Gallego. Deputación de Pontevedra. 1996.
  • Galicia Terra Única. Tomo 9. Mercedes Rozas Caeiro, Severino Penelas. Consellería de Educación e Comunicación Social. 1997.
  • Gran Enciclopedia Galega. Editorial Maria do Rosario San Luis. 1999.
  • Galicia Arte. Tomo XVI. Editorial Hércules de Ediciones SA. 1999.
  • Artistas Escultores. 2º Tomo. Marta Gerveno. Editorial Nova Galicia Edicións SL. 2002.
  • Norba-Arte. Volumen XXII-XXIII. Moisés Bazán de Huerta. Universidade de Extremadura. 2003.

Ligazóns externasEditar