Manuel Guzmán
político español
Manuel Guzmán García, nado en Errenteria en 1878 e finado na Coruña o 31 de agosto de 1936, foi un político español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1878 ![]() Errenteria, España ![]() |
Morte | 31 de agosto de 1936 ![]() Campo da Rata, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
![]() | |
Representa: Izquierda Republicana 3 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939 Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: A Coruña ![]() | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid ![]() |
Ocupación | político, comerciante ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarTraballou como carabineiro durante 12 anos e despois dedicouse ao comercio. Animado polo seu amigo Santiago Casares Quiroga, afiliouse a Izquierda Republicana e foi elixido deputado pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 1936. O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 sorprendeuno na Coruña, onde foi detido o 27 de xullo. Foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Francisco Prego Campos, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[1]
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.