Francisco Prego Campos

funcionario e político galego

Francisco Prego Campos, nado na Coruña en 1892 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un funcionario e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Prego Campos
Biografía
Nacemento1892 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de agosto de 1936 Editar o valor em Wikidata (43/44 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfuncionario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Funcionario do Concello da Coruña dende 1915 e despois xefe de negociado. Foi secretario da directiva do coro Cántigas da Terra.[1] Na República afiliouse ao Partido Republicano Gallego e foi secretario da xunta do distriro primeiro da Coruña,[2] despois pasou a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 27 de xullo. Xulgado en consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto ao seu amigo Manuel Guzmán García, Alfredo Suárez Ferrín, Joaquín Martín Martínez, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.[3]

Vida persoal editar

Casou con Obdulia de la Colina Calzada en 1919.[4]

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 26-1-1924, p. 2.
  2. La Voz de Galicia, 24-10-1933, p. 5.
  3. La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.
  4. La Voz de Galicia, 11-11-1919, p. 6.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar