Francisco Mazariegos Martínez

sindicalista e político galego

Francisco Mazariegos Martínez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1904 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Mazariegos Martínez
Biografía
Nacemento5 de xaneiro de 1904 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte31 de agosto de 1936 Editar o valor en Wikidata (32 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, empregado de banca Editar o valor en Wikidata
EmpregadorBanco Pastor Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMercedes Romero Abella Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 8292

Traxectoria

editar

Empregado de banca, traballaba no Banco Pastor da Coruña. Foi presidente do Sindicato de Banca da UGT e estaba afiliado á Agrupación Socialista da Coruña. Foi o autor do emblema da bandeira da Federación Española de Trabajadores del Crédito y las Finanzas en 1933-1934. Pertenceu ao Comité Revolucionario da Coruña durante a folga xeral revolucionaria de 1934, foi detido e condenado a seis anos de prisión. Saíu da cadea coa amnistía de febreiro de 1936 logo do triunfo do Frente Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez e Ramón Maseda Reinante.[1]

Vida persoal

editar

Casou en 1931 con Mercedes Romero Abella, mestra que tamén foi asasinada polos sublevados.

  1. La Voz de Galicia, 1-9-1936, p. 4.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar