Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
O Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns é unha competición mundial de hóckey a patíns disputada entre seleccións estatais. Esta competición é disputada, ao igual que os Campionatos de Europa, cada dous. É organizada pola Fédération Internationale de Roller Sports (FIRS).
Traxectoria Editar
O Campionato do Mundo de hóckey a patíns disputouse por primeira vez en 1936 na localidade de Stuttgart (Alemaña). As súas primeiras 12 edicións foron consideradas tamén como Campionatos de Europa. A selección de Inglaterra foi a gañadora das dúas primeiras edicións, mais a partir de entón a competición estivo dominada polos equipos de Portugal (15 títulos) e España (14 títulos). Os únicos equipos que foron capaces de faceren fronte ao dominio das seleccións de Portugal e España foron Italia e a Arxentina con catro títulos cada unha, especialmente a selección arxentina, que dende 1991 atinxe as semifinais e disputou seis finais das últimas dez e gañando dúas delas.
Actualmente dispútase un Campionato do Mundo A, entre as seleccións de maior nivel e un Campionato do Mundo B, producíndose ascensos e descensos entre ámbolos dous (tres ascensos e tres descensos, cada ano). Ámbalas dúas competicións se disputan cada dous anos de xeito alterno. O Campionato do Mundo A é disputado por 16 equipos.
Historial Editar
Palmarés Editar
Equipo | Campionatos | Finalista | Terceiro posto | Cuarto posto | Total |
---|---|---|---|---|---|
España | 16 (1951, 1954, 1955, 1964, 1966, 1970, 1972, 1976, 1980, 1990, 2001, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013) | 12 (1949, 1956, 1958, 1960, 1968, 1974, 1978, 1982, 1984, 1986, 1988, 1999) | 7 (1947, 1952, 1953, 1962, 1995, 1997, 2003) | 3 (1948, 1950, 1993) | 38 |
Portugal | 15 (1947, 1948, 1949, 1950, 1952, 1956, 1958, 1960, 1962, 1968, 1974, 1982, 1991, 1993, 2003) | 9 (1951, 1953, 1954, 1964, 1966, 1970, 1972, 1990, 1995) | 14 (1936, 1939, 1955, 1976, 1978, 1980, 1984, 1986, 1988, 1999, 2005, 2009, 2011, 2013) | 2 (1997, 2001) | 40 |
Italia | 4 (1953, 1986, 1988, 1997) | 8 (1936, 1939, 1950, 1952, 1955, 1962, 1993, 2003) | 10 (1948, 1949, 1951, 1954, 1956, 1958, 1964, 1970, 1990, 2001) | 8 (1947, 1960, 1966, 1968, 1984, 1999, 2005, 2007) | 30 |
Arxentina | 4 (1978, 1984, 1995, 1999) | 8 (1976, 1980, 1997, 2001, 2005, 2009, 2011, 2013) | 9 (1960, 1966, 1968, 1972, 1974, 1982, 1991, 1993, 2007) | 5 (1964, 1970, 1986, 1988, 2003) | 26 |
Inglaterra | 2 (1936, 1939) | 1 (1948) | 0 | 0 | 3 |
Suíza | 0 | 1 (2007) | 1 (1950) | 4 (1936, 1953, 1955, 1962) | 6 |
Bélxica | 0 | 1 (1947) | 0 | 5 (1939, 1949, 1951, 1952, 1954) | 6 |
Países Baixos | 0 | 1 (1991) | 0 | 1 (1948) | 2 |
Alemaña | 0 | 0 | 0 | 5 (1956, 1972, 1974, 1976, 1978) | 5 |
Chile | 0 | 0 | 0 | 3 (1980, 1982, 1990) | 3 |
Brasil | 0 | 0 | 0 | 3 (1991, 1995, 2009) | 3 |
Notas Editar
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Esta competición tamén foi considerada Campionato de Europa.
- ↑ Cataluña non puido participar neste campionato a pesar de se clasificar ao gañar o Campionato do Mundo B debido á oposición da Federación Española e á súa non ratificación como membro de pleno dereito da FIRS.
Véxase tamén Editar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |