O Campionato do Mundo "B" de hóckey a patíns é unha competición internacional de seleccións nacionais de hóckey a patíns, sendo a segunda división do Campionato do Mundo deste deporte. Está organizado pola FIRS e despútase cada dous anos en alternancia co Campionato do Mundo A. A competición está formada por 12 equipos que tratan de chegar á elite mundial, o Campionato do Mundo "A". Os tres primeiros clasificados deste mundial pasan a xogar ao ano seguinte no Campionato do Mundo A, ocupando as prazas dos tres últimos clasificados do mesmo (que descenden á segunda división), coa única excepción da edición do ano 2004, no que a selección de Cataluña gañou o campionato e non disputou o Campionato do Mundo A debido á súa non admisión como membro da FIRS pola oposición española.