Canelones é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo. Áchase dentro da Zona metropolitana de Montevideo e contaba cuns 24.300 habitantes no 2010. Ademais de ser a capital, é unha das cidades máis importantes do departamento, na zona sur da República Oriental do Uruguai, atopándose a 40 km de Montevideo e sendo unha cidade dormitorio desta. O seu xentilicio é canario/a e o seu actual intendente é Estanislao Chiazzaro.

Modelo:Xeografía políticaCanelones
Imaxe

Localización
Mapa
 34°31′22″S 56°16′40″O / -34.52278, -56.27778Coordenadas: 34°31′22″S 56°16′40″O / -34.52278, -56.27778
EstadoUruguai
Departamento (pt) TraducirDepartamento de Canelones Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación19.865 (2011) Editar o valor em Wikidata (1.418,93 hab./km²)
Lingua oficiallingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie14 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude29 m-18 m Editar o valor em Wikidata
Creación1782 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal90000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Páxina webcanelones.imcanelones.gub.uy… Editar o valor em Wikidata

Historia editar

O seu nome orixinal era Villa Guadalupe, creada o 24 de abril de 1783 por orde do vicerrei Juan José de Vértiz, aínda que a historia recoñece ao presbítero Juan Miguel de la Laguna como o seu fundador. Este é quen ten a iniciativa de construír a igrexa parroquial.

A Vila da Nosa Señora de Guadalupe chegou a ser capital da Provincia Oriental en 1813, por decisión de Artigas, ao ser este elixido presidente provisional dos orientais (dos uruguaios). O 27 de xaneiro de 1816 créase o departamento de Canelones, un dos primeiros seis no que se dividía a Provincia Oriental e cuxa primeira xurisdición se estendía desde o Río Santa Lucía até Montevideo.