Dornbirn

Datos Básicos
País: Austria
Estado: Vorarlberg
Escudo: Wappendornbirn.svg
Extensión: 120,83 km²
Poboación (Total concello): 46.464 (30 set. 2012)
Densidade: 385 hab./km²
Altitude: 437 m
Código Postal: A-6850
Prefixo Telefónico: +43 (0)5572
Matrícula: DO
Páxina de Internet: www.dornbirn.at

Dornbirn é unha cidade de 43.583 habitantes pertencente ao estado federado de Vorarlberg, en Austria e centro administrativo do distrito de Dornbirn. Está situada preto das fronteiras con Suíza, Alemaña e Liechtenstein. O río Dornbirner Ach atravesa a cidade antes de desembocar no Lago Constanza. A cidade divídese en seis distritos administrativos.

Marktplatz (Praza do mercado).
Vista da praza do mercado coa vella casa do concello.

Dornbirn é a maior cidade de Vorarlberg e un importante centro comercial. O centro rexional da ORF (Radio Television Austríaca), a escola de ciencias aplicadas (Fachhochschule) de Vorarlberg e outras institucións atópanse aquí. A cidade foi un centro importante da industria téxtil, ata que este comercio comezou a declinar na década de 1980. Destaca tamén como centro de deportes de inverno.

Ademais da cidade homónima, o distrito de Dornbirn (un dos catro nos que se divide Vorarlberg), inclúe a cidade de Hohenems e a vila de Lustenau.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar