Selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra
Inglaterra | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
Federación | National Roller Hockey Association | ||||||||||||||||||||||||||
Confederación: | CERH | ||||||||||||||||||||||||||
Adestrador: | José Carlos Amaral | ||||||||||||||||||||||||||
Capitán: | |||||||||||||||||||||||||||
Títulos mundiais | |||||||||||||||||||||||||||
Mundial "A" | 1936 e 1939 | ||||||||||||||||||||||||||
Mundial "B" | 2000 |
A selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra é o equipo que representa a Inglaterra nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Inglaterra foi a gran dominadora do hóckey a patíns mundial nas décadas de 1920 e 1930, conquistando 12 veces consecutivas o Campionato de Europa entre 1926 e 1939, incluídas as edicións de 1936 e 1939, que foron consideradas como o Campionato do Mundo, unha cadea de títulos que ningunha selección foi quen de igualar ata a data. Logo deste período de esplendor, a selección de Inglaterra só conseguiu alzar un título, o do Torneo das Nacións de Montreux de 1950, e non foi ata o ano 2000 cando conseguiu alzar un título, o do Campionato do Mundo "B" disputado en Chatham (Inglaterra), ao impoñerse na final aos Países Baixos, acadando o subcampionato do mesmo torneo catro anos máis tarde en Macau, cando caeu na final con Cataluña por 6 goles a 0.
PalmarésEditar
- 2 Campionatos do Mundo: 1936[1] e 1939.[1]
- 12 Campionato de Europa: 1926, 1927, 1928, 1929, 1939, 1931, 1932, 1934, 1936,[1] 1937, 1938 e 1939.[1]
- 8 Torneo das Nacións de Montreux: 1923[2], 1924, 1925, 1927[3], 1929[3], 1931[3], 1939[4] e 1950.
- 1 Campionato do Mundo "B": 2000.
EquipoEditar
Estes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[5]:
Nº | NOME | POSICIÓN |
---|---|---|
1 | David Garlick | Porteiro |
2 | Ricky Jupp | Defensa |
3 | Karl Smith | Defensa |
4 | Marc Waddingham | Defensa |
5 | Joel De Figueirido | Defensa |
6 | Simon Hosking | Dianteiro |
7 | James Taylor | Dianteiro |
8 | Owen Stewart | Dianteiro |
9 | Brendan Barker | Dianteiro |
10 | Jamie Williamson | Porteiro |
- Adestrador: Carlos Amaral
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Esta competición foi considerada como Campionato de Europa e do Mundo á vez
- ↑ A denominación do torneo nesta edición foi Tournoi de Pâques
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Esta edición do torneo foi denominada Championnat d'Europe
- ↑ Esta edición foi denominada Championnat du Monde
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 10 de febreiro de 2011.
Véxase taménEditar
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |