Selección de hóckey a patíns masculina de Francia
A selección de hóckey a patíns masculina de Francia é o equipo que representa a Francia nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. A Federación Francesa fundouse en 1910.
Francia | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||||||||
Federación | Fédération Française de Roller Skating | ||||||||||||||||||||||||||
Confederación: | CERH | ||||||||||||||||||||||||||
Adestrador: | Fabien Savreux | ||||||||||||||||||||||||||
Capitán: | |||||||||||||||||||||||||||
Títulos mundiais | |||||||||||||||||||||||||||
Mundial "A" | - | ||||||||||||||||||||||||||
Mundial "B" | 1984 e 1994 |
Traxectoria
editarA traxectoria internacional de Francia comezou cos primeiros Campionatos de Europa non oficiais de 1924 e 1925, e coas súas 46 participacións nos europeos é a terceira selección que máis veces disputou este campionato por detrás de Inglaterra e Suíza con 47 participacións cada unha. Francia viviu unha etapa dourada nos Campionatos de Europa nos primeiros anos da competición, cando conseguiu subir sete veces ao podio nas sete primeiras edicións, cinco desas veces para colgarse a medalla de prata (1926, 1927, 1928, 1930 e 1931) e dúas veces a medalla de bronce (1929 e 1932). Porén, dende o último bronce de 1932 a selección gala atravesou unha etapa na que non foi quen de chegar ás semifinais e que se prolongaría ata o Campionato de Europa do 2000 disputado en Wimmis (Suíza), cando a selección francesa conseguiu chegar novamente ata as semifinais e converterse na cuarta selección de Europa, repetindo posto no 2002 e no 2008, aínda que o mellor resultado do equipo francés chegou no Campionato de Europa disputado en Wuppertal (Alemaña), no que Francia volveu subir ao podio e colgarse a medalla de bronce.
Francia non realizou ningunha actuación destacable nos Campionato do Mundo "A", no que nunca conseguiu chegar ás semifinais, mais posúe dous títulos do Campionato do Mundo "B" conseguidos nos anos 1984 e 1994 tras vencer na final ás seleccións de Bélxica e Angola respectivamente, ademais nesta mesma competición conseguiu un segundo posto en 1992 tras perder na final fronte á selección de Andorra.
Palmarés
editarEquipo
editarEstes foron os xogadores convocados para o Europeo de Wuppertal (Alemaña) de 2010[1]:
Nº | NOME | POSICIÓN |
---|---|---|
1 | Benoît Rainteau | Porteiro |
2 | Anthony Weber | Defensa |
3 | Sébastien Furstenberger | Defensa |
4 | Guirec Henry | Defensa |
5 | Florian Tessier | Defensa |
6 | Kévin Guilbert | Dianteiro |
7 | Nicolas Guilbert | Dianteiro |
8 | Florent David | Dianteiro |
9 | Olivier Lesca | Dianteiro |
10 | Olivier Gelebart | Porteiro |
- Adestrador: Fabien Savreux
Notas
editar- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2010. Consultado o 12 de febreiro de 2011.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |