Selección de hóckey a patíns masculina de Macau

A selección de hóckey a patíns masculina de Macau é o equipo que representa á Região Administrativa Especial de Macau da República Popular da China nas competicións internacionais de hóckey a patíns organizadas pola CARS ou polo CIRH en categoría masculina. Depende da Federação de Macau de Patinagem. Ao longo dos anos ten participado nas principais competicións deste deporte a nivel de seleccións, o Campionato do Mundo, o Campionato de Asia, e a Copa das Nacións de Montreux, se ben a súa última participación no Campionato do Mundo data do 2005, no que finalizou na 16ª e última posición, polo que se viu relegado ao Campionato do Mundo "B". É a maior potencia do hóckey a patíns en Asia, gañando sete títulos do Campionato de Asia, entre eles as catro últimas edicións de xeito consecutivo.

Macau - 澳门
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Na casa
Cores do equipo Cores do equipo Cores do equipo
Cores do equipo
Cores do equipo
Fóra
Federación Federção de Macau de Patinagem
Confederación: CARS
Adestrador: Dulce Atraca Lisboa
Capitán:
Títulos mundiais
Mundial "A" -
Mundial "B"

Equipo editar

Estes son os xogadores convocados para a Copa das Nacións de Montreux (Suíza) en 2011.[1]

NOME POSICIÓN
2 Augusto Fernandes
5 Nuno Azevedo
7 Nuno Antunes
9 Alberto Lisboa
16 Pedro Meireles
23 Dinísio da Luz
55 Leong Chak In
59 Ricardo Atraca
66 Paulo Gibelino
98 Hélder Ricardo
  • Adestrador: Dulce Atraca Lisboa
  • Asistente: Sonia Silva

Notas editar

  1. "Equipos participantes na web oficial da Copa das Nacións". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2011. Consultado o 23 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar