Copa das Nacións de Montreux
A Copa das Nacións (en francés Coupe des Nations de Montreux) é un torneo internacional de hóckey a patíns organizado polo Montreux Hockey Club con carácter bienal no período pascual. É recoñecido pola FIRS e polo CIRH e é considerado de moi alto valor para as seleccións e os clubs que participan nel. Creada en 1921, a Copa das Nacións é a competición de hóckey a patíns máis antiga do mundo.[1]
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | hóckey a patíns |
Organizador | Montreux Hockey Club |
Localización e Datas | |
País | Suíza |
Vixencia | 1921 – |
Período de ocorrencia | 2 |
Outro | |
Páxina web oficial | coupedesnations.ch |
Historia
editarEn 1921 o Montreux Hockey Club, o club máis antigo de hóckey a patíns suízo,[2] decidiu organizar un torneo no período de Pascua, chamándoo Torneo de Pascua, gañando as dúas primeiras edicións o club anfitrión. Recoñecido pola FIRS e a CIRH, os dous máximos organismos internacionais do hóckey a patíns. En 1923 é convidada a selección de Inglaterra, comezando a presenza de seleccións nacionais no Torneo. En 1924 e 1925, a participación de moitas delegacións nacionais permitiu ao torneo de Pascua converterse nun Campionato de Europa non oficial, polo que foi rebautizado como Copa das Nacións. En 1924, durante o desenvolvemento da cuarta edición do torneo, fúndase a Fédération Internationale de Patinage a Roulettes (FIPR), hoxe FIRS.[3][4]
Sucesivamente vén sendo chamado Copa das Nacións, Torneo de Montreux e foi denominado en 2 edicións Campionatos Mundiais (1939, 1948 e tamén Campionato de Europa), en 3 edicións oficialmente (1927, 1929, 1931) e en 2 edicións non oficialmente (1924, 1925) como Campionato de Europa. Dende 1949 a denominación é “Copa das Nacións” e Torneo Internacional, coa participación de equipos dos cinco continentes e está incluída no calendario anual mundial. Dende 1995 dispútase en anos alternos (coincidindo nos anos impares).
En 2003 créase o Challenge Marcel Monney, que se outorga ao equipo que sexa capaz de gañar tres edicións consecutivas ou cinco non consecutivas da competición. No 2007 este recoñecemento foi entregado á selección española logo de gañar tres edicións consecutivas (2003, 2005 e 2007), e en 2013 á selección de Portugal (2009, 2011 e 2013).[1][5]
Campións
editarA seguinte támoa amosa todos os campións da Copa das Nacións de Montreux dende a primeira edición da competición:[6]
Ed. | Ano | Campión | Finalista | Nome da competición |
---|---|---|---|---|
1921 | Montreux Hockey Club | Stoccarda RC | Torneo de Pascua | |
1922 | Montreux Hockey Club | Paris HC | Torneo de Pascua | |
1923 | Inglaterra | Montreux Hockey Club | Torneo de Pascua | |
1924 | Inglaterra | Suíza | Copa de Europa non oficial | |
1925 | Inglaterra | Suíza | Copa de Europa non oficial | |
1926 | Stade Bordéus | Montreux Hockey Club | Torneo de Montreux | |
1927 | Inglaterra | Francia | Copa de Europa | |
1929 | Inglaterra | Italia | Copa de Europa | |
1930 | Faversham | Stade Bordéus | Torneo de Montreux | |
1931 | Inglaterra | Francia | Copa de Europa | |
1932 | Herne Bay | Stoccarda RC | Copa das Nacións | |
1933 | Stoccarda RC | Montreux Hockey Club | Torneo de Montreux | |
1934 | Montreux Hockey Club | Stoccarda RC | Torneo de Montreux | |
1935 | Italia (Juniores) | Montreux Hockey Club | Torneo de Montreux | |
1935 | Montreux Hockey Club | Lyon | Torneo de Pascua | |
1937 | Alemaña | Italia Júnior | Copa das Nacións | |
1938 | Herne Bay | Italia Norte | Copa das Nacións | |
1939 | Inglaterra | Italia | Copa do Mundo | |
1941 | Montreux Hockey Club | Lyon HC | Torneo de Pascua | |
1946 | HC Monza | Lisboa | Copa das Nacións | |
1947 | Lisboa | Herne Bay | Copa das Nacións | |
1948 | Portugal | Inglaterra | Copa do Mundo | |
1949 | Portugal | RCD Espanyol | Copa das Nacións | |
1950 | Inglaterra | Portugal | Copa das Nacións | |
1951 | Bélxica | Montreux Hockey Club | Copa das Nacións | |
1952 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1953 | RCD Espanyol [7] | Portugal | Copa das Nacións | |
1954 | Portugal | Montreux Hockey Club | Copa das Nacións | |
1955 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1956 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1957 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1958 | / Lourenço Marques | España | Copa das Nacións | |
1959 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1960 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1961 | CP Voltregà | SL Benfica | Copa das Nacións | |
1962 | SL Benfica | HC Monza | Copa das Nacións | |
1963 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1964 | España | Montreux Hockey Club | Copa das Nacións | |
1965 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1967 | España | Montreux Hockey Club | Copa das Nacións | |
1968 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1970 | Portugal | CP Voltregà | Copa das Nacións | |
1971 | España | Lisboa | Copa das Nacións | |
1973 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1975 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1976 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1978 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1980 | España | Arxentina | Copa das Nacións | |
1982 | Italia | Arxentina | Copa das Nacións | |
1984 | Portugal | Reus Deportiu | Copa das Nacións | |
1987 | Portugal | Arxentina | Copa das Nacións | |
1989 | Arxentina | Novara | Copa das Nacións | |
1991 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
1993 | Arxentina | Roller Monza | Copa das Nacións | |
1994 | Portugal | Italia | Copa das Nacións | |
1995 | FC Barcelona | Portugal | Copa das Nacións | |
1997 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
1999 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
2001 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
2003 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
2005 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
2007 | España | Portugal | Copa das Nacións | |
2009 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
2011 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
2013 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
2015 | Portugal | España | Copa das Nacións | |
2017 | Arxentina | Portugal | Copa das Nacións | |
2019 | Portugal | Arxentina | Copa das Nacións |
Número de campionatos por países/clubs
editar
|
|
|
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "À Montreux: la plus ancienne compétition au monde" (en francés). MyMontreux.ch. 10 de maio de 2016. Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2016. Consultado o 08 de agosto de 2016.
- ↑ "Le Rink-Hockey en Suisse" (en francés). SRHV.ch. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2012. Consultado o 9 de agosto de 2016.
- ↑ "About World Skate". worldskate.org (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "About FIRS". worldskate.org (en inglés). Consultado o 18 de xuño de 2019.
- ↑ "« Montreux respire le Rink-Hockey ! »". Le Régional (en francés). 2 de abril de 2015. Consultado o 9 de agosto de 2016.
- ↑ "Depuis 1921" (en inglés). Coupe des Natións. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2016. Consultado o 9 de agosto de 2016.
- ↑ El Mundo Deportivo (10-04-1953). "Resultados Montreux 1953". Consultado o 28-12-2012.