Abrir o menú principal

O Club Patí Voltregà é un club deportivo de Sant Hipòlit de Voltregà, en Osona (Barcelona), fundado en 1955 adicadase ao hóckey a patíns e actualmente participa na OK Liga, a máxima categoría do hóckey a patíns de España.

C.P. Voltregà Cruz de Sant Jordi 2005
CidadeSant Hipòlit de Voltregà, Barcelona, Cataluña Cataluña
Historia1955
Fundado1955
PavillónPavillón Municipal de Deportes (1.000)
PresidenteCataluña Xavier Sala Pastallé
AdestradorCataluña Francesc Linares
CompeticiónOK Liga
Títulos
Copas de Europa3 (1965-66, 1974-75, 1975-76)
Copa CERS1 (2001-02)
Ligas españolas3 (1964-65, 1974-75, 1975-76)
Lliga Catalana1 (1990-91)
Copas do Rei5 (1960, 1965, 1969, 1974, 1977)
Cores          Azul e branco
Sitio web
Sitio web oficial

HistoriaEditar

O club foi fundado no ano 1955 por Victorià Oliveras de la Riva, que anos despois foi presidenta do RCD Espanyol. Ao cabo de pouco tempo dende a súa fundación, o CP Voltregà acadou o ascenso á máxima categoría do hóckey patíns español. Dende aquela, o Voltregà mantivo a categoría ata o final da tempada 2008-09, na que por primeira vez descende á segunda categoría.

Os primeiros anos do equipo masculino foron brillantes, acadando as tres Copas de Europa que posúe (1965-66, 1974-75 e 1975-76). Máis recientemente, na tempada 2001-02, o primeiro equipo acadou o título da Copa CERS.

No 2006 foille concedida a Creu de Sant Jordi pola Generalitat de Cataluña.[1]

Equipo femininoEditar

Compre destacar ao seu equipo feminino, que na tempada 2005-06 acadou os tres títulos aos que aspiraba (Campionato de Cataluña, Campionato de España e Copa da Raíña). O CP Voltregà converteuse no primeiro equipo en organizar a I Copa de Europa feminina (Maio de 2007). Ese ano acada o título que lle faltaba no seu palmarés, a Copa de Europa, disputada en Mealhada en Maio de 2007).

PalmarésEditar

Véxase taménEditar


Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. "Creus de Sant Jordi 2006" (en catalán). Generalitat de Catalunya. Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2017. Consultado o 25 de decembro de 2017.