O Campionato de España foi unha competición de hóckey a patíns en categoría femenina nada no ano 1993 co obxectivo de reunir aos mellores clubs das ligas que se celebraban no Estado español, como por exemplo a catalá e a galega. Este torneo foi o embrión dunha liga estatal de hóckey a patíns feminino, feito que se consumou na tempada 2008-09 co nacemento da OK Liga Feminina.