Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1947

A terceira edición do Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns masculino tivo lugar na cidade de Lisboa (Portugal) entre os días 18 e 24 de maio de 1947. Nesta edición participaron un total de sete seleccións, todas elas do continente europeo, encadradas nun único grupo, decidíndose o título a xeito de liguiña. Ao final da liguiña, a selección de Portugal proclamouse campioa por primeira vez na historia (título conseguido sen perder ningún partido), relevando á ata aquela gran dominadora do hóckey a patíns, Inglaterra (campioa nas dúas primeiras edicións), e por diante dos combinados de Bélxica e España, prata e bronce respectivamente. Nos 21 partidos do torneo anotáronse un total de 122 goles, cunha media de 5,81 goles por partido.

Modelo:Competición deportivaCampionato do Mundo "A" de hóckey a patíns 1947
TipoCampionato do Mundo "A" de hóckey a patíns Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIRS (pt) Traducir
CERH Editar o valor em Wikidata
Número de participantes7 Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónLisboa (Distrito de Lisboa) 38°42′29″N 9°08′20″O / 38.708042, -9.139016Coordenadas: 38°42′29″N 9°08′20″O / 38.708042, -9.139016 Editar o valor em Wikidata
PaísPortugal Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo17 de maio de 1947 – 23 de maio de 1947 Editar o valor em Wikidata
Número de edición3  (1947) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos21 Editar o valor em Wikidata
Goles122 Editar o valor em Wikidata

Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
Campionato de Europa de hóckey patíns masculino

Torneo

editar

No torneo participaron sete seleccións. Tódalas seleccións participantes eran europeas, polo que esta competición foi considerada tamén Campionato de Europa. O torneo disputouse no formato de liguiña de todos contra todos, saíndo campión o equipo que máis puntos sumara ao final dos seis partidos, sendo o sistema de puntuación de 2 puntos para o gañador, 1 punto para cada equipo no caso de empate, e ningún punto para o equipo perdedor.

Clasificación

editar
Equipo Pts PX PG PE PP GF GC DG
  Portugal 12 6 6 0 0 27 8 +19
  Bélxica 7 6 3 1 2 24 14 +10
  España 7 6 3 1 2 13 14 -1
  Italia 6 6 3 0 3 20 16 +4
  Inglaterra 6 6 3 0 3 16 19 -3
  Francia 4 6 2 0 4 12 22 -10
  Suíza 0 6 0 0 6 10 29 -19

Resultados

editar
Data Resultado
17.05.47   España 2-1   Suíza
17.05.47   Inglaterra 3-2   Francia
17.05.47   Portugal 7-2   Bélxica
18.05.47   Italia 7-2   Suíza
18.05.47   Bélxica 6-2   Francia
18.05.47   Portugal 2-1   España
19.05.47   Inglaterra 5-2   Suíza
19.05.47   Portugal 7-1   Francia
19.05.47   Bélxica 3-4   Italia
20.05.47   Italia 0-1   Francia
20.05.47   Portugal 5-2   Suíza
20.05.47   España 2-5   Inglaterra
21.05.47   España 3-2   Francia
21.05.47   Bélxica 6-0   Inglaterra
21.05.47   Portugal 3-2   Italia
22.05.47   Francia 4-3   Suíza
22.05.47   Bélxica 1-1   España
22.05.47   Italia 4-3   Inglaterra
23.05.47   Portugal 3-0   Inglaterra
23.05.47   Bélxica 6-0   Suíza
23.05.47   España 4-3   Italia

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
Campionato do Mundo "A" 1939
Campionato do Mundo "A" de hóckey a patíns
1947
Sucesor:
Campionato do Mundo "A" 1948