Celedonio de Uribe

enxeñeiro vasco

Celedonio de Uribe y Urbiquiain, nado en Oiartzun (Guipúscoa) o 28 de xaneiro de 1823 e finado en Madrid o 11 de maio de 1871, foi un enxeñeiro de camiños, canais e portos vasco.

Modelo:BiografíaCeledonio de Uribe

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xaneiro de 1823 Editar o valor en Wikidata
Oiartzun, España Editar o valor en Wikidata
Morte1871 Editar o valor en Wikidata (47/48 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro Editar o valor en Wikidata

Galiciana: 5073 BNE: XX916513 BUSC: uribe-y-urbiquiain-celedonio-de-1823-1871
Monólito en homenaxe a Celedonio de Uribe na Coruña

Traxectoria

editar

Uribe rematou os seus estudos en 1847, tras os que foi nomeado enxeñeiro e destinado en Ourense. Tras pasar por Castellón e Valencia en 1859 foi nomeado enxeñeiro xefe da provincia da Coruña. Durante a súa estadía en Galicia participou nos estudos dos faros do plan de iluminación marítima e redactou actuacións de enxeñería en localidades como Pontedeume, Mugardos e Ribeira. Puxo en funcionamento os faros das illas de Sálvora e da Arousa, inaugurados no mesmo día.[1]

En 1867 deseñou a ampliación do porto da Coruña sobre a que se crearon os xardíns de Méndez Núñez[2] e o primeiro proxecto da dársena da Mariña.[3][4]

  1. "Faro de Punta Cabalo". Piragüilla (en castelán). Consultado o 2024-01-25. 
  2. Bugallal, Isabel (4-11-2008). "El ingeniero que ensanchó A Coruña". La Opinión (en castelán). Consultado o 21-12-2016. 
  3. Vázquez, Dolores (29-5-2012). "A Coruña homenajea a Celedonio de Uribe y Eduardo Vila". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22-12-2016. Consultado o 21-12-2016. 
  4. "Historia Século XIX". Arquivado dende o orixinal o 27 de xuño de 2021. Consultado o 21 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Dalsa Escudero, J. L. (1985). "El ingeniero Uribe y el arranque de las obras provinciales en La Coruña (1859-1870)". Boletín Académico. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (en castelán) (2): 18–23. ISSN 0213-3474.