Ramón Cueto Noval

enxeñeiro de minas e xornalista asturiano
(Redirección desde «Ramón del Cueto»)

Ramón Cueto Noval, coñecido como Ramón del Cueto[1], nado en Asturias en 1858 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 1928[2], foi un enxeñeiro de minas e xornalista vinculado a Galiza.

Infotaula de personaRamón Cueto Noval
Biografía
Nacemento1858 Editar o valor em Wikidata
Asturias, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de febreiro de 1928 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsilvicultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Tumba de Ramón del Cueto no cemiterio de Santo Amaro da Coruña

Pertencía ao Corpo de Enxeñeiros de Minas. Foi nomeado xefe do distrito mineiro da Coruña e Lugo, pasando a vivir na Coruña, onde fundou o Boletín de la Cámara Minera, colaborou en La Voz de Galicia, El Ideal Gallego e América-Galicia e dirixiu tamén a revista Galicia Industrial y Comercial. Foi vicepresidente do Sindicáto Cámara Agrícola da Coruña, tenente de alcalde do Concello da Coruña e membro do Consejo Provincial de Fomento. Foi nomeado fillo adoptivo de Ribadeo polos seus estudos e xestións e favor da minería do concello, e foille concedida a Cruz de Afonso XII.

Obra editar

  • La minería en Galicia; A Coruña, 1910, con Antonio de Irimo.
  • Historia, situación actual y solución para su desarrollo; A Coruña, 1919.
  • Impresiones sobre la minería en Galicia; A Coruña, 1922.
  • Minería en generalidades de la geografía de Galicia; Barcelona, s.d.

Notas editar

  1. Galicia Industrial y Comercial, 23, febreiro de 1928, p. 12.
  2. El Orzán, 28-2-1928, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar