Domingos Merino
Domingos Rafael Merino Mexuto, nado na Coruña o 21 de xuño de 1939 e finado o 31 de xaneiro de 2018[1], foi un político galego. Foi o primeiro alcalde que tivo a cidade da Coruña trala aprobación da constitución de 1978. Tamén foi deputado no Parlamento galego na 3ª, 5ª e 6ª lexislatura.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Domingos Rafael Merino Mexuto ![]() 21 de xuño de 1939 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 31 de xaneiro de 2018 ![]() A Coruña, España ![]() |
![]() | |
3 de abril de 1979 – marzo de 1981 ← Berta Tapia – Joaquín López Menéndez → | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Unidade Galega Bloque Nacionalista Galego ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarNos anos 70 comezou a súa carreira política no PSG, encabezando a lista coruñesa da coalición Unidade Galega para as eleccións municipais do 3 de abril de 1979. UG obtivo 5 concelleiros, un menos que o PSdeG-PSOE, mais é elixido alcalde a cambio do apoio de UG aos candidatos socialistas en Vigo e Ferrol.
Mantívose neste posto até marzo de 1981, cando voluntariamente decide someterse a unha moción de confianza que non chegou a prosperar, e pasa a alcaldía a mans da UCD, o 1 de abril. Trala integración de UG no BNG e posterior abandono en 1983, o PSG desintégrase: nace así o Colectivo Socialista Galego, que participará na Asemblea de Riazor que constituíu o BNG, mentres que Domingos Merino e Claudio López Garrido pasarán a liderar o PSG, que se fusionará en 1984 con Esquerda Galega para dar lugar ao PSG-EG. Chegou a ser secretario xeral deste partido e deputado no parlamento galego na terceira lexislatura dende outubro de 1991.
A principios dos 90 impúlsase, en parte dende o PSG-EG, unha nova formación tamén co nome Unidade Galega, e tralos malos resultados nas eleccións xerais e autonómicas de 1993, Merino intégrase xunto con esta formación no BNG. Polo BNG foi de novo deputado no parlamento galego na quinta e na sexta lexislatura.
En 2005 fíxose cargo da vicevaledoría do Pobo, a proposta do BNG, cargo ao que renunciou en 2012 por motivos de saúde.[2]
Fóra da política, Merino foi coñecido pola súa actividade no xadrez. Foi tres veces campión galego e finalista no campionato de España.[3][4] A súa mellor puntuación en ELO FIDE foi de 2266.[5] Anualmente o Club Ludo Sociedade Deportiva organiza un torneo de xadrez na súa honra cada 21 de xuño.
Recoñecementos
editarO 29 de abril de 2014 organizouse unha homenaxe cidadá na cidade da Coruña ó cumprirse os 35 anos dende que fora elixido alcalde.[6]
En 2018 filmouse o documental Domingos Merino: Outra Coruña Posible.[7]
Na súa honra, o Concello de Sada, no ano 2022, nomeou un torneo de xadrez como "Open internacional de xadrez Concello de Sada Memorial Domingos Merino".[8]
Predecesor: Berta Tapia |
Alcalde da Coruña 1979 – 1981 |
Sucesor: Joaquín López Menéndez |
Notas
editar- ↑ Morre Domingos Merino, primeiro alcalde nacionalista da Coruña Arquivado 01 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., nova en Sermos Galiza o 31 de xaneiro de 2018.
- ↑ "El exalcalde coruñés Domingos Merino dimite como vicevaledor do Pobo por motivos de salud"
- ↑ Bautista, Consuelo (1 de febreiro de 2018). "Nuestro agradecimiento a Domingos Merino" [Our thanks to Domingos Merino] (en castelán). Cadena SER. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Jaque mate por párkinson" [Checkmate by Parkinson's]. La Opinión de A Coruña (en castelán). 1 de febreiro de 2018. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ "Merino Mejuto, Domingo". Federación Internacional de Xadrez. Consultado o 6 de maio de 2022.
- ↑ Domingos Merino, A Coruña que puido ser, nova en Praza Pública
- ↑ Pérez Pena, Marcos (6 de agosto de 2018). ""Falar de Domingos Merino é falar desa outra Coruña que sempre existiu fronte á oficial"". Praza Pública. Consultado o 17 de outubro de 2018.
- ↑ V, M. (2022-08-24). "Sada homenaxea ao exalcalde coruñés Domingos Merino cun Open Internacional". La Opinión de A Coruña. Consultado o 2022-08-24.