Abdalá I de Xordania

Abdala bin Husain (en árabe: عبد الله بن حسين), rei como Abdalá I,[1] nado na Meca en 1882 e finado en Xerusalén o 20 de xullo de 1951, foi o primeiro rei de Xordania.

Infotaula de personaAbdalá I de Xordania

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ar) الشريف عبدالله الاول ابن الحسين ه Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de febreiro de 1882 Editar o valor em Wikidata
A Meca, Arabia Saudita Editar o valor em Wikidata
Morte20 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (69 anos)
Xerusalén Editar o valor em Wikidata
Causa da mortehomicidio, Magnicidio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaMonte do Templo Editar o valor em Wikidata
Rei de Xordania
25 de maio de 1946 – 20 de xullo de 1951 – Talal de Xordania → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Otomán
Transjordânia (pt) Traducir
Reino do Hejaz (pt) Traducir
Xordania Editar o valor em Wikidata
RelixiónSunnismo e Islam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militarmariscal de campo Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaIman bint Al Abdullah (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMusbah bint Nasser
FillosTalal de Xordania, Naif bin Abdullah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisHussein bin Ali, Xarife de Meca (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Abdiya bint Abdullah (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsFaiçal I do Iraque (pt) Traducir, Ali do Hejaz (pt) Traducir e Zeid ibn Huseyin (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: الحسين-1 Find a Grave: 149603094 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Abdullah era fillo do xerife da Meca, cabeza da dinastía dos haxemís, a quen o Reino Unido prometerá recoñecer a independencia dos territorios árabes de Asia nun único estado a cambio da súa axuda na loita contra o Imperio Otomán.

Antes da primeira guerra mundial Abdullah foi vicepresidente do parlamento de Istambul. O seu irmán, Faysal, deputado na mesma cámara, dirixiu a rebelión árabe que combateu os turcos dende Hiyaz ata tomar Damasco en 1918, dous anos despois de que o xerife Husayn se proclamara rei. Unha vez acabada a guerra os aliados desfixeron o embrión de Estado que se creara dende Damasco e a cambio colocaron a Faysal e a Abdullah á cabeza de dous países creados artificialmente, Iraq e Transxordania.

Abdullah recibiu Transxordania como feudo en 1921.[2] Tratábase en realidade dun corredor a través do deserto que comunicaba as dúas zonas de influencia británicas, Iraq e Palestina. O 25 de maio de 1923 Transxordania obtivo a independencia coa denominación de emirato.

O rei foi unha personaxe pouco popular entre os árabes de Oriente Medio debido á súa política clientelar respecto dos Estados Unidos e o Reino Unido, á súa proximidade a Israel e á represión que desatou contra os seus detractores. Por outra banda, nunca abandonou a ambición haxemí de ser rei dun reino árabe unificado, o que lle provocou a inimizade das capas dirixentes doutros estados, especialmente os sauditas. En setembro de 1949 converteuse no primeiro sefe de estado estranxeiro que visitou a España franquista, pasando tres días na cidade da Coruña.[3][4]

O 20 de xullo de 1951 Abdullah morreu nun atentado na mesquita de Al-Aqsa de Xerusalén. Catro días antes fora asasinado en Amán o primeiro ministro líbanés Riad Bey al-Solh, e Abdullah atopábase na cidade para participar nunha cerimonia fúnebre na súa honra. Estaba a agardar a que dese comezo a oración do venres co seu neto Hussein bin Talal (futuro rei) cando un activista palestino, Mustafa Shukri, abriu fogo contra el alcanzándoo na cabeza. Abdullah e al-Solh morreron baixo a acusación de estar levando a cabo negociacións secretas con Israel para firmar unha paz á marxe dos acordos acadados na Liga Árabe. A investigación xordana sinalou dous dirixentes palestinos como cerebros do complot, o doutor Abd Allah Husayni e o coronel Abd Allah Tell, antigo gobernador militar de Xerusalén.

Liña do tempo

editar
Abdullah II de XordaniaHussein I de XordaniaTalal de Xordania
  1. Díaz Pardo, Isaac; Fernández Freixanes, Víctor; Mascato, Antón, eds. (2006). Diciopedia do século 21 3. Galaxia. p. 2236. ISBN 9788482893600. 
  2. "Amir Abdullah's Bodyguard on Camels with Red, Green and White Standard at Far Left". World Digital Library (en inglés). abril de 1921. Consultado o 14 de xullo de 2013. 
  3. Correyero Ruiz, Beatriz (2003). "La propaganda turística española en los años del aislamiento internacional". Historia y Comunicación Social (en castelán) (8): 47–61. 
  4. Rodríguez, Ana (13-9-2009). "Un rey que llegó de Oriente". La Opinión (en castelán) (A Coruña). Consultado o 27-5-2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar