Talal de Xordania
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2017.) |
Talal I bin Abdullah, Rei de Xordania (en árabe: طلال بن عبد الله, Ṭalāl ibn `Abd Allāh) nado o 26 de febreiro de 1909 na cidade da Meca (Arabia Saudita) e finado o 7 de xullo de 1972 en Istambul (Turquía), foi rei de Xordania desde o 20 de xullo de 1951 até verse forzado a abdicar por razóns de saúde o 11 de agosto de 1952 (os británicos afirmaron de que sufría esquizofrenia[1]).
Nome orixinal | (ar) طلال بن عبد الله |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de febreiro de 1909 A Meca, Arabia Saudita |
Morte | 7 de xullo de 1972 (63 anos) Istambul, Turquía |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Palácio Raghadan (pt) |
Rei de Xordania | |
20 de xullo de 1951 – 11 de agosto de 1952 ← Abdullah I de Xordania – Hussein I de Xordania → | |
Crown Prince of Jordan (en) | |
11 de marzo de 1947 – 20 de xullo de 1951 – Naif bin Abdullah (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Islam |
Educación | Royal Military College, Sandhurst (en) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Rango militar | mariscal de campo |
Familia | |
Familia | Iman bint Al Abdullah (pt) |
Cónxuxe | Zein al-Sharaf Talal |
Fillos | Hussein I de Xordania, Prince Muhammad bin Talal of Jordan, Prince El Hassan bin Talal of Jordan, Princess Basma bint Talal of Jordan |
Pais | Abdullah I de Xordania e Musbah bint Nasser |
Irmáns | Naif bin Abdullah |
Parentes | Abdullah II de Xordania, neto |
Premios | |
Vida
editarRecibiu formación castrense na Real Academia Militar de Sandhurst do Reino Unido graduándose en 1939. Talal accedeu ao trono de Xordania despois do asasinato do seu pai, o rei Abdullah I en Xerusalén durante a oración do Venres. Seu fillo Hussein, quen acompañaba ao seu avó, tamén estivo a piques de ser asasinado.
Durante o seu breve reinado, Talal promoveu a redacción dunha Constitución liberal para o Reino de Xordania que permitise a formación dun goberno de carácter representativo con ministros responsables de forma individual ante o Parlamento. A Constitución foi ratificada o 1 de xaneiro de 1952. Tamén destacou durante o reinado de Talal a mellora que experimentaron as relacións entre o Reino de Xordania e os veciños Estados árabes de Exipto e Arabia Saudita, previamente tensas.
Familia
editarO 27 de novembro de 1934 Talal casou coa súa prima irmá Zein bint Jamil 'Ali, Xerifa da Meca, coa que tivo catro fillos e dúas fillas:
- S.M. o rei Hussein I: 14 de novembro de 1935 – 7 de febreiro de 1999.
- S.A.R a princesa Asma, falecida pouco despois do seu nacemento en 1937.
- S.A.R o príncipe Muhammad: 2 de outubro de 1940 – 29 de abril de 2021.
- S.A.R o príncipe El Hassan: 20 de marzo de 1947.
- S.A.R o príncipe Muhsin, morto.
- S.A.R a princesa Basma: 11 de maio de 1951.
Liña do tempo
editarNotas
editar- ↑ ""Schizophrenia," Time Magazine, 18 de agosto de 1952". Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2012.
Predecesor: Abdullah I |
Rei de Xordania 1951 – 1952 |
Sucesor: Hussein I |