Real Casa da Moeda da Coruña

ceca establecida na Coruña
Para outros artigos con títulos relacionados, véxase a páxina de homónimos Real Casa da Moeda

A Real Casa da Moeda da Coruña foi unha ceca establecida na Coruña que bateu moeda entre os reinados de Afonso VIII (1188-1230) e Carlos II (1665-1700). Foi a principal ceca establecida en Galicia, a que máis moeda cuñou e durante máis tempo.

Casa da Moeda
Cuartel de San Domingos.
Localización
Mapa
 43°22′N 8°23′O / 43.37, -8.39
EnderezoPraza de San Domingos, 1
15001, A Coruña
Wikidata ]

Historia

editar
 
Noven de Afonso X.
 
Óbolo de Afonso X.
 
Cornado de Sancho IV.

Non hai documentación de cando se estableceu exactamente a ceca da Coruña, mais sábese que debeu ser entre o 1210 e o 1230 cando se cuñou a primeira moeda, a nome de Afonso IX.

En 1367 Fernando I de Portugal entrou en Galicia e coroouse rei na cidade da Coruña. Tomou a casa da moeda e ordenou a emisión de moeda de tipo e denominación igual á portuguesa. En 1371 a ceca coruñesa volveu a mans dos reis de Castela e bater a súa moeda.

No reinado de Henrique IV (1454-1474) a ceca da Coruña adquiriu o seu máximo esplendor ó emitir tódolos valores que se emitían no reino. A partir do Ordenamento de Segovia, en 1471, declarouse oficialmente que a cuncha de vieira se empregase no reverso coma sinal identificativo das moedas cuñadas na Coruña. Este feito era habitual nas moedas batidas anteriormente mais non era exclusivo desta ceca, xa que as cuñaxes da ceca compostelá tamén portaban a cuncha como marca de ceca. De feito cando ámbalas dúas cuñaban durante un mesmo período de tempo (por exemplo durante o reinado de Henrique II), os numismas diferenciábanse polas lendas que portaban.

Ata o reinado de Pedro I bateuse principalmente moeda de billón, mais posteriormente a prata adquiriu preponderancia.

Localización

editar

A Casa da Moeda da Coruña estaba situada na Cidade Vella. O edificio actual, dos séculos XVII-XVIII, foi ocupado posteriormente polo Cuartel de San Domingos, que recibiu este nome por estar situado a carón do convento homónimo.[1][2]

Moedas

editar
  1. PEPRI
  2. Malvido, Gemma (17 de outubro de 2014). "Las huellas de la Casa de la Moneda". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar