Capela da Venerable Orde Terceira

construción relixiosa na Coruña

A Capela da Venerable Orde Terceira de San Francisco é un templo relixioso do século XVIII situado próximo á Cidade Vella da Coruña.

Capela da Venerable Orde Terceira
Capela da Orde Terceira e torre de San Francisco.
Datos xerais
PaísEspaña
TipoCapela
LocalizaciónA Coruña
Coordenadas43°22′08″N 8°23′23″O / 43.368888888889, -8.3897222222222
Culto
CultoCatólico
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
Construción1746-1753
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A Terceira orde de San Francisco foi unha institución para segrares fundada por Francisco de Asís en 1221.[1]

O templo ten a súa orixe na capela que a orde terciaria dos Franciscanos, decidiu construír en 1680, nun terreo anexo ao antigo convento de San Francisco. O edificio actual, cun interior barroco, comezouse en 1746, dirixido primeiro por Simón Rodríguez e logo por José Vidal.[1][2]

Mentres que as ruínas do convento pasaron a propiedade militar en 1835, a capela non sufriu a desamortización por ser unha propiedade privada dos irmáns terciarios.[2]

Nas dependencias da capela atópase o arquivo da orde, con referencias dende 1674 sobre a capela, a presenza militar e datos urbanísticos e históricos da cidade. O arquivo foi inventariado parcialmente a principios do século XXI.[1]

Descrición

editar
 
Parte traseira da capela e ruínas de San Francisco.

A fachada do edificio actual é do século XIX, obra do arquitecto municipal Juan de Ciórraga. Acaroada á fachada consérvase a torre do antigo convento de San Francisco, que non foi trasladada co resto do edificio ao Paseo das Pontes.[3]

O acceso ao templo realízase por un amplo vestíbulo. A planta consta dunha única nave cunha sancristía acaroada ao lado da epístola. Nos flancos existen fornelas con retablos barrocos con marcos de pedra. O retablo maior, de estilo barroco, ocupa todo o testeiro. Débese a Domingo Antonio de Paredes e está datado en 1777, mais contén pezas doutro retablo anterior de 1690.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Coruña Virtual". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2016. Consultado o 05 de abril de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 García Iglesias, José Manuel (10-8-2014). "Franciscanos, Orden Tercera y Capuchinos en A Coruña". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 17-10-2015. Consultado o 5-4-2016. 
  3. PEPRI

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar