Abrir o menú principal

Teixeira de Pascoaes

poeta e escritor portugués

Joaquim Pereira Teixeira de Vasconcelos, nado en Amarante o 8 de novembro de 1877[1] e finado en Gatão o 14 de decembro de 1952, foi un poeta e escritor portugués, principal representante do Saudosismo. Usou o pseudónimo de Teixeira de Pascoaes.

Teixeira de Pascoaes
Teixeira de Pascoaes.jpg
Nacemento2 de novembro de 1877
 Amarante
Falecemento14 de decembro de 1952
 Gatão
Causapneumonía
NacionalidadePortugal
Alma máterFaculdade de Direito da Universidade de Coimbra
Ocupaciónpoeta e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Teixeira de Pascoaes naceu no seo dunha familia aristocrática[2] de Amarante, o segundo fillo (de sete) de João Pereira Teixeira de Vasconcelos, xuíz e deputado ás Cortes, e de Carlota Guedes Monteiro.

En 1883 iniciou os estudos primarios en Amarante e en 1887 ingresou no liceo da vila. En 1895 mudouse para Coimbra, onde terminou os seus estudos secundarios e en 1896 se inscribiu na facultade de Dereito da Universidade de Coimbra. Ao contrario da maioría dos seus camaradas, non formou parte da bohemia coimbrá, e pasaba o seu tempo no cuarto, a ler e a escribir.

Licenciouse en 1901 e estableceuse como avogado, primeiro en Amarante e, a partir de 1906, no Porto. En 1911, foi nomeado xuíz substituto en Amarante, cargo que exerceu durante dous anos. En 1913, con alivio, deu por terminada a súa carreira xudicial. Sobre a súa experiencia xurídica dirá: "Eu era um Dr. Joaquim na boca de toda a xente. Precisava de honrar o título. Entre o poeta natural e o bacharel à força, ia comezar um duelo que durou dez anos, tanto como o cerco de Tróia e a formatura de João de Deus. Vivi dez anos, num escritorio, a lidar com almas deste mundo, o mais deste mundo que é posíbel — eu que nacera para outras convivencias." [3]

Sendo un propietario acomodado, non tiña necesidade de exercer ningunha profesión e pasou a residir na casa familiar en Gatão, preto de Amarante, coa nai e outros membros da súa familia. Dedicábase á xestión do patrimonio, á contemplación da natureza e á lectura e á escritura. Gatão pasou a ser lugar de peregrinación de innumerables intelectuais e artistas, nacionais e estranxeiros, que o ían visitar. No final da vida, foi amigo dos poetas Eugénio de Andrade e Mário Cesariny de Vasconcelos. Este último o elixiría como poeta superior a Fernando Pessoa, chegando a ser o organizador da reedición dalgúns dos textos de Pascoaes, así como dunha antoloxía poética, nos anos 70 e 80.

Pascoaes morreu ós 75 anos en Gatão, de bacilose pulmonar, algúns meses despois da morte da súa nai, en 1952.

ObraEditar

Con António Sérgio e Raul Proença, foi un dos líderes do chamado movemento da Renascença Portuguesa e lanzou en 1910 no Porto, xuntamente con Leonardo Coimbra e Jaime Cortesão, a revista A Águia, principal órgano do movemento.

PoesíaEditar

  • 1895, Embriões.
  • 1896, Belo 1ª parte.
  • 1897, Belo 2ª parte.
  • 1898, À Minha Alma e Sempre
  • 1899, Profecia (colaboración con Afonso Lopes Vieira.)
  • 1901, À Ventura.
  • 1903, Jesús e Pan.
  • 1904, Para a Luz.
  • 1906, Vida Etérea.
  • 1907, As Sombras.
  • 1909, Senhora da Noite.
  • 1911, Marânus.
  • 1912, Regresso ao Paraíso; Elegias.
  • 1913, O Doido e a Morte.
  • 1920, Elegia da Solidão.
  • 1921, Cantos Indecisos.
  • 1924, A Elegia do Amor; O Pobre Tolo.
  • 1925, D. Carlos; Cânticos; Sonetos.
  • 1949, Versos Pobres.

ProsaEditar

  • 1915, A Arte de Ser Português.
  • 1916, A Beira Num Relâmpago.
  • 1919, Os Poetas Lusíadas (conxunto de conferencias pronunciadas en Cataluña.)
  • 1921, O Bailado.
  • 1923, A Nossa Fome.
  • 1928, Livro de memórias (autobiografía).
  • 1934, S. Paulo (biografía novelada).
  • 1936, S. Jerónimo e a trovoada (biografía novelada).
  • 1937, O Homem Universal.
  • 1940, Napoleão (biografía novelada).
  • 1942, Camilo Castelo Branco o penitente (biografía novelada); Duplo passeio.
  • 1945, Santo Agostinho (biografía novelada).

TeatroEditar

NotasEditar

  1. Todas as fontes bibliográficas indican 2 de novembro de 1877 como a súa data de nacemento. A pesar diso, a partida de bautismo refire que naceu ás cinco da tarde do 8 de novembro de 1877, en Amarante. En Borges, Luìsa (2006). O Lugar de Pascoaes: Epifanias da Saudade Revelada (en portugués). ISBN 9789728651794.  a autora indica que Pascoaes adoptou o 2 de novembro como data do seu aniversario por razóns puramente simbólicas, por ser o Dia dos Mortos, unha porta para o Alén.
  2. Xenealoxía de Teixeira de Pascoaes.
  3. Livro de Memórias.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar