Hockey Club Coruña Feminino

equipo de hóckey a patíns galego

O Hockey Club Coruña Feminino é un club galego de hóckey a patíns, con sede na Coruña. Fundado en maio de 2023, competirá na OK Liga Feminina durante a tempada 2023/24.

Hockey Club Coruña Feminino
CidadeA Coruña, Galicia Galicia
Fundado2023
PresidenteGalicia Lucía Sanjurjo
AdestradorEspaña Stanis García

Traxectoria editar

O club naceu o 22 de maio de 2023, tralo colapso e desaparición do Hockey Club Liceo da Coruña Feminino.[1] A pesar de vivir os mellores momentos deportivos da súa historia, cun quinto posto na OK Liga Feminina e acadando os cuartos de final da Liga Europea, os problemas económicos do club provocaron que o 17 de maio de 2023 o HC Liceo comunicase a supresión da súa sección feminina. No mesmo comunicado, o club anunciou que a súa praza na máxima categoría se cedería a unha nova entidade que se faría cargo da xestión deportiva e económica do equipo.[2] O 22 de maio deuse a coñecer a creación do Hockey Club Coruña Feminino, entidade desvencellada totalmente do Liceo, aínda que mantendo a parte das xogadoras e do corpo técnico, e que pasará a ocupar a praza deste na máxima categoría.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El Hockey Club Coruña Femenino se convierte en realidad". DxT Campeón (en castelán). 22 de maio de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023. 
  2. "O Liceo feminino colapsa e nace "unha nova entidade"". Nós Diario. 17 de maio de 2023. Consultado o 30 de maio de 2023.