Abrir o menú principal

O Club Patí Manlleu é un club de hóckey a patíns español da localidade de Manlleu (Osona, Cataluña). Fundado en 1973,[1] na tempada 2018-19 os seus equipos feminino e masculino compiten na OK Liga Feminina e OK Liga Prata respectivamente.

C.P. Manlleu
CidadeManlleu, Barcelona, Cataluña Cataluña
Historia1973-presente
Fundado1973
PavillónPavelló d'Esports
CompeticiónOK Liga Feminina
OK Liga Prata
Títulos
Copa da Raíña1 (2015)
Cores          Vermello e amarelo
Sitio web
Sitio web oficial

HistoriaEditar

Fundado en 1973, o primeiro éxito do CP Manlleu foi o primeiro ascenso do seu equipo feminino á máxima categoría do hóckey a patíns feminino español, a OK Liga Feminina, en 2012. Dous anos despois, o equipo masculino repetiu o logro ao ascender á OK Liga, máxima competición masculina en España, que se sumou ao éxito do equipo feminino esa tempada, logo de conseguir o subcampionato de liga e de copa,[2] éxitos que repetiría en 2016 e 2018.

En 2015, o equipo feminino conquistou o primeiro título do club logo de gañar a Copa da Raíña fronte ao CP Voltregà en Lloret de Mar.[3] En 2016 Manlleu acolleu por segunda vez consecutiva a final a catro da Copa de Europa, o equipo feminino conseguiu clasificarse para a final, mais caeu nos penaltys fronte ás súas veciñas do Voltregà.[4][5]

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. "Club Patí Manlleu" (en catalán). entitatsmanlleu.cat. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  2. "Manlleu se hace con el título de Primera División Nacional en Hockey Patines" (en castelán). Doctor Patín. 23 de xuño de 2014. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  3. "El Manlleu gana la Copa de la Reina por primera vez". As.com (en castelán). 8 de marzo de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  4. "El Voltregà guanya la quarta Copa d'Europa als penals". La Xarxa (en catalán). 20 de marzo de 2016. Consultado o 25 de novembro de 2018. 
  5. "FEMALE LEAGUE CUP HISTORY" (en inglés). Consultado o 25 de novembro de 2018. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar