Trofeo Teresa Herrera Feminino

torneo amigable de fútbol

O Trofeo Teresa Herrera Feminino é un torneo de fútbol feminino de carácter amigábel que ten lugar cada ano na cidade da Coruña, desde 2013.

Modelo:Competición deportivaTrofeo Teresa Herrera Feminino
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
EpónimoTeresa Herrera Editar o valor en Wikidata
OrganizadorConcello da Coruña Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Localizaciónestadio de Riazor (A Coruña) 43°22′07″N 8°25′03″O / 43.36867, -8.41737 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Vixencia2013 – Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O torneo naceu en 2013, organizado polo Concello da Coruña, como a versión feminina do histórico Trofeo Teresa Herrera que levaba disputándose dende 1946.[1] A primeira edición enfrontou a dous equipos coruñeses, o Victoria CF e o Orzán SD, o 7 de outubro de 2013 no campo Rodrigo García Vizoso da Grela. Gañou por 3 goles a cero o Victoria,[2] que revalidou o título ao ano seguinte fronte ao Boavista FC portugués, xa en Riazor.[3]

En 2015 participou por primeira vez un equipo da Primeira División, o Rayo Vallecano, que goleou por 7-0 ao Victoria CF.[4] Ao ano seguinte a gran novidade foi o Deportivo da Coruña Feminino, unha sección do club que se acababa de recuperar despois de décadas de ausencia. As branquiazuis conseguiron o título despois de derrotar na quenda de penaltis ao Villarreal.[5] En 2017 e 2018 as vencedoras foron as xogadoras do Athletic de Bilbao, derrotando pola mínima nas dúas ocasións ao Deportivo, que caeu tamén en 2019 fronte ao UD Granadilla Tenerife (1-5).

En 2020 a pandemia de COVID-19 paralizou as competicións deportivas en case todo o mundo e cando estas regresaron fixérono a porta pechada ou con importantes restricións de capacidade. Con esta situación parecía que o ano remataría sen Teresa Herrera, pero en decembro anunciouse que, ao igual que o trofeo masculino, o feminino celebraríase o día 20, entre o Victoria CF e o Deportivo Feminino B, debido a que o primeiro equipo tiña partido de liga.[6][7] O triunfo foi para o filial branquiazul despois de empatar a un gol e chegar aos penaltis.[8]

Edicións

editar
Ano Campión Final[n 1] Subcampión
I 2013   Victoria CF 3−0   Orzán SD
II 2014   Victoria CF 2−1   Boavista FC
III 2015   Rayo Vallecano 7−0   Victoria CF
IV 2016   Deportivo da Coruña 2−2 (4−3)   Villarreal
V 2017   Athletic Club 1−0   Deportivo da Coruña
VI 2018   Athletic Club 1−0   Deportivo da Coruña
VII 2019   UD Granadilla Tenerife 5−1   Deportivo da Coruña
VIII 2020   Deportivo da Coruña B 1-1 (5−3)   Victoria CF
IX 2021   Valadares Gaia 0−0 (5−4)   Deportivo da Coruña
X 2022   Deportivo da Coruña 2−2 (5−3)   Famalicão
XI 2023   Deportivo da Coruña 2−0   Alavés Gloriosas
XII 2024   Deportivo da Coruña 2−1   Athletic Club
  1. En pequeno, resultado da quenda de penaltis.

Palmarés

editar
Equipo Títulos Anos
  Deportivo da Coruña 4 2016, 2022, 2023, 2024
  Victoria CF 2 2013, 2014,
  Athletic Club 2 2017, 2018
  Rayo Vallecano 1 2015
  UD Granadilla Tenerife 1 2019
  Deportivo da Coruña B 1 2020
  Valadares Gaia 1 2021
  1. ""Victoria y Orzán se juegan el primer Teresa Herrera de fútbol femenino"". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 9 de marzo de 2021. 
  2. "El Victoria se adjudica el I Teresa Herrera de fútbol femenino al vencer al Orzán por 3-0" (en castelán). 9 de outubro de 2013. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  3. "Las chicas del Victoria conquistan el Teresa Herrera femenino ante el Boavista luso". Diario de Pontevedra (en castelán). 10 de agosto de 2014. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  4. "El Victoria cede el Teresa Herrera femenino al Rayo Vallecano". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 2015. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  5. "Os penaltis dan o Trofeo Teresa Herrera ao Deportivo Feminino A". 9 de agosto de 2016. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  6. "Dépor ABANCA B y Victoria se enfrentarán en el Teresa Herrera Femenino" (en castelán). 15 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  7. "O Teresa Herrera regresa ás súas orixes no seu 75 aniversario". Deportivo da Coruña. 14 de decembro de 2020. Consultado o 29 de decembro de 2020. 
  8. "O Dépor ABANCA B, vencedor do VIII Teresa Herrera Feminino". 20 de decembro de 2020. Consultado o 8 de marzo de 2021. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar