Pazo de Xustiza da Coruña
O Pazo de Xustiza[3] é un edificio situado no Ensanche da cidade da Coruña. Acolle a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Pazo de Xustiza | ||||
---|---|---|---|---|
![]() Entrada principal | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Uso(s) | xudicial | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Localización | Praza de Galicia 1 15004, A Coruña | |||
Rúa | praza de Galicia ![]() | |||
Datas | ||||
Inicio construción | 1928 | |||
Remate construción | 1929[1] | |||
Fundación | 1929 ![]() | |||
Remodelación | 2000[2] | |||
Persoas e organizacións | ||||
Arquitecto/a | Julio Galán Carvajal, Ricardo Boán | |||
[ Wikidata ] |
Historia
editarO edificio foi proxectado en 1908 polos arquitectos Ricardo Boán e Julio Galán Carvajal no seu único proxecto común. Porén, aprobouse en 1926 e a súa construción non comezou ata 1928, cando xa falecera Boán e Galán se trasladara a Asturias.[4]
Situouse na que tería que ser unha gran praza do Ensanche[4] para acoller os xulgados da Coruña.
Dende 1989 é a sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.[5] Entón os xulgados trasladáronse a un edificio de nova construción deseñado por Xosé Bar Boo.[6]
Descrición
editarO pazo é de estilo ecléctico con influencias necoclasicistas e modernistas,[5] se ben a decoración é bastante austera.[4] Entre o proxecto inicial e a modificación que realizou Galán vinte anos despois o cambio fundamental foi esta decoración, máis adaptada aos gustos da época.[7]
Está formado por tres corpos con dous patios nas zonas intermedias e fachadas simétricas.[4]
Posúe unha escalinata solemne central, separada das escaleiras de servizo.[4]
Notas
editar- ↑ García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- ↑ Historia do TSXG
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pazo.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Martínez Suárez & Casabella López 1989, pp. 54-55.
- ↑ 5,0 5,1 Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
- ↑ Cuatro edificios para una sola justicia
- ↑ Garrido Moreno, Antonio (2002). "Aproximación a la primera arquitectura art déco en Galicia: el modelo coruñés". Quintana (en castelán) (Universidade de Santiago de Compostela) (1).
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
editar- Martínez Suárez, Xosé Luís; Casabella López, Xan (1989). Catálogo arquitectura. A Coruña 1890-1940. COAG. ISBN 978-84-85665-09-9.
Ligazóns externas
editar- Ficha en Turgalicia