Constantino Armesto Cobián
Constantino Armesto Cobián, nado en Pontevedra en 1823 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1899[1], foi un xornalista e político galego.
Constantino Armesto Cobián | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1823 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Falecemento | 28 de decembro de 1899 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político e xornalista |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fundou La Revista, un dos primeiros periódicos de Pontevedra e, en 1859, El Propagandista, periódico republicano federal. Foi colaborador de El Progreso, La Voz del Pueblo e El Derecho. Fundou o Partido Republicano de Pontevedra. Trasladouse a Madrid, onde escribiu en La Democracia, El Crédito, La Discusión e traballou como redactor de La Capital de Pi i Margall. Tomou parte activa nos sucesos da Revolución de 1868, que deron lugar ao Sexenio Democrático. Despois militou no Partido Liberal e foi gobernador civil de Ourense, Xirona (1874), Guipúscoa, Lugo (1881), Alacant (1886) e Córdoba (1888). Foi elixido deputado polo distrito de Ponteareas en 1872 e volveu ser elixido polo mesmo distrito en 1881, aínda que o 9 de abril de 1883 foi anulada a elección por sentenza do Tribunal de actas graves.
Asinou co sobrenome "El lindo don Diego".
Vida persoalEditar
Era tío de Indalecio Armesto e avó de Víctor Said Armesto.
NotasEditar
Predecesor: Vicente de Fuenmayor |
Gobernador civil de Xirona 1874 |
Sucesor: Constancio Gambel Aybar |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Constantino Armesto Cobián |