Vicente Vázquez Queipo

matemático e político galego

Vicente Vázquez Quiroga y Queipo de Llano, nado en Lusío (San Cristovo do Real, Samos) o 17 de febreiro de 1804 e finado en Madrid o 11 de marzo de 1893, foi un matemático e político galego.

Infotaula de personaVicente Vázquez Queipo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de febreiro de 1804 Editar o valor em Wikidata
San Cristovo do Real, España Editar o valor em Wikidata
Morte11 de marzo de 1893 Editar o valor em Wikidata (89 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEconomía Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneconomista , político , matemático Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosAntonio Vázquez Queipo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Formación editar

 
Pazo de Lusío.

Vicente Vázquez Queipo naceu no pazo de Lusío (San Cristovo do Real), no seo dunha familia acomodada. Comezou os estudos na propia casa e continuounos no Colexio da Compañía de Monforte de Lemos, naquela altura denominado Real Seminario. No ano 1820 ingresou na Universidade de Valladolid, facendo Dereito e ó tempo, Matemáticas e Ciencias experimentais.

Universidade editar

Lector empedernido e curioso, rematou como profesor de Universidade, obtendo en 1826 a cátedra de Física, ao tempo que atinxe o título de doutor en Dereito. Posteriormente sae a formarse a París (1829), cunha pensión real, ingresando na "Ecole des Arts et Manufactures" na que estaría durante 3 cursos. Volta no verán do 1832, enfermo dos ouvidos, doenza que padecerá o resto da súa vida, mesmo impedíndolle retomar a cátedra de Valladolid.

Política editar

Instálase en Madrid, onde tiña familia (José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, VII conde de Toreno, era seu tío). Á morte de Fernando VII, ingresou no Partido Liberal Moderado. O pronunciamento de 1836 fórzao a marchar a París. No ano 1839 vai destinado a Cuba como Fiscal de Facenda, onde fica ata o ano 1846 no que volta a Madrid. Deputado en Cortes, adícase á política os vinte anos seguintes, no campo monárquico lealista, ocupando cargos como a Dirección xeral do Ministerio do Ultramar, ou Subsecretario da Gobernación. En 1847, durante a Década Moderada, o Goberno encárgalle estudar a reforma métrica e monetaria, entrando dous anos despois na comisión que levou a cabo a reforma. En 1851 foi nomeado senador vitalicio. En 1853 publica as famosas Tablas de logaritmos vulgares, que en opinión dalgúns foi a obra máis vendida escrita por autor galego.

Retirada editar

Abandonou a vida política cando Isabel II saíu de España, dedicándose entón en exclusiva ó traballo e á produción intelectual publicando diversos traballos que comezara na anterior etapa.

Morreu o 11 de marzo do ano 1893 en Madrid.

Foi pai de Antonio Vázquez Queipo Coste.

Obra editar

Política e economía editar

  • Memoria sobre la reforma del sistema monetario de la Isla de Cuba (1844).
  • Informe fiscal sobre el fomento de la población blanca en la Isla de Cuba y emancipación progresiva de la esclava, con una breve reseña de las reformas y modificaciones (...) presentados a la Superintendencia General Delegada de la Real Hacienda (1845).
  • Breves observaciones sobre las principales cuestiones que hoy se agitan respecto a las provincias ultramarinas (1873).
  • Proyecto de ley sobre la uniformidad y reforma del sistema métrico y monetario de España (1847).
  • La cuestión del oro reducida a sus justos y naturales límites, y medios de sentar el sistema monetario sobre una sólida e inalterable base (1861).
  • La crisis monetaria española, considerada en su causa, sus efectos y sus remedios, seguida de brevísimas indicaciones sobre el Banco Nacional (1866).
  • La cuádruple convención monetaria considerada en su origen, objeto, ventajas e inconvenientes, e imposibilidad actual de su adopción en España (1867).
  • Informe sobre la población blanca en Cuba.

Científica editar

  • Ingenio mecánico para medir distancias (1826). Da nova dun aparello inventado por el.
  • Ensayo sobre el sistema métrico y monetario (1859). Comezado no 1835 cando foi pensionado polo Goberno para facer un proxecto de lei da reforma do sistema métrico e monetario, abrangue por exemplo, unidades históricas exipcias, gregas ou babilonias. O Essai sur les systémes metriques et monetaires des anciens peuples depuis les premiers temps historiques jusqu´a la fondu Kalifat d´Orient levou un premio de numismática na exposición Mundial de París (1860).
  • Aritmética Superior Mercantil (1886). Nel ofrece unha solución a ecuacións de grao maior que 4 de xeito moi aproximado en poucos pasos.
  • Tablas de logaritmos vulgares desde el 1 hasta el 2000 (1855). Traballo, en certo xeito, consecuencia das súas investigacións sobre o sistema métrico. Premiado na Exposición Universal de París de 1867 e na de Barcelona de 1888. É a súa obra máis importante, da que houbo 60 edicións ata 1962. Declarado libro de texto polo Consejo de Instrucción Pública, o seu uso foi obrigado ata a aparición das regras de cálculo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mercedes Sampayo Yáñez, Vicente Vázquez Queipo (1804-1891): científico, humanista e político lucense, in rev. Lvcensia. Miscelánea de cultura e investigación, vol. XIV, nº 29, Lugo (2004), páxs. 245 e ss.

Ligazóns externas editar