José María Queipo de Llano
José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia, nado en Oviedo o 26 de novembro de 1786 e finado en París o 16 de setembro de 1843, Conde de Toreno e Vizconde de Matarosa, foi un político e escritor español.
José María Queipo de Llano | |
---|---|
![]() | |
Presidentes do Consello de Ministros | |
Período | 7 de xuño de 1835 - 14 de setembro de 1835 |
Antecesor | Francisco Martínez de la Rosa |
Sucesor | Miguel Ricardo de Álava |
Datos persoais | |
Nacemento | 26 de novembro de 1786 |
Oviedo | |
Falecemento | 16 de setembro de 1843 |
París | |
Organización | Partido Moderado |
Alma máter | Universidade de Salamanca |
[ editar datos en Wikidata ] |
TraxectoriaEditar
Cursou Humanidades e Ciencias en Cuenca, Salamanca e Madrid. Regresa a Asturias onde forma parte da xunta revolucionaria durante a Guerra da Independencia Española, para ser logo membro das Cortes de Cádiz.
Tivo que fuxir a Lisboa ao ser acusado de afrancesado, máis tarde pasa a vivir a París, Londres e Berlín, para volver a España como deputado, para volver a fuxir esperando unha amnistía por parte de Fernando VII. En Francia publicou a súa primeira obra sobre a Guerra da Independencia. Coa amnistía xeral e coa morte do rei, é nomeado Ministro de Facenda no goberno de Francisco Martínez de la Rosa.
Tras o goberno de Martínez de la Rosa, ocupou a presidencia do Goberno o 7 de xuño de 1835, tendo que convivir con levantamentos en toda España. Tras o seu fracaso marchou a París onde morreu en 1843.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José María Queipo de Llano |
Outros artigosEditar
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Martínez de la Rosa |
José María Queipo de Llano | Precede a: Miguel Ricardo de Álava |
Presidente do Goberno de España |