Miguel Ricardo de Álava

Miguel Ricardo de Álava, nado en Vitoria o 7 de febreiro de 1772 e finado en Barèges (Francia), o 14 de xullo de 1843, foi un militar, político e diplomático español.

Modelo:BiografíaMiguel Ricardo de Álava

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Miguel Ricardo de Álava Esquível Editar o valor en Wikidata
7 de febreiro de 1772 Editar o valor en Wikidata
Vitoria, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de xullo de 1843 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Barèges, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santa Isabel Editar o valor en Wikidata
Ministro de Estado de España
25 de setembro de 1835 – 4 de outubro de 1835
← José María Queipo de LlanoJuan Álvarez Mendizábal →
Presidente do Consello de Ministros De iure
14 de setembro de 1835 – 25 de setembro de 1835
← José María Queipo de LlanoJuan Álvarez Mendizábal →
Ministro de Mariña de España
14 de setembro de 1835 – 25 de setembro de 1835
← José Vázquez de Figueroa (en) TraducirJosé Sartorio (en) Traducir →
Embaixador de España no Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
1834 – 1841
Senador de España
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, diplomático, militar Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Progresista Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército de terra Editar o valor en Wikidata
Rango militarXeneral Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra da Independencia española
Guerras napoleónicas Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLoreto de Arriola Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Meyers Konversations-Lexikon, 4th edition (1885–1890) (en) Traducir
The Nuttall Encyclopædia >>>:Alava, Ricardo de Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1521194 WikiTree: Álava_Esquível-1

Carreira militar

editar

De familia nobre, casou coa súa prima. Cursou os estudos primarios no Seminario de Vergara. En 1785, con 13 anos, ingresou como cadete no Rexemento de Infantería de Sevilla, á fronte do cal estaba o seu tío. Á súa saída da infantaría (1790), ingresou na armada. Nesta etapa participou nas accións militares contra Francia e Inglaterra en Ceuta. A súa participación nestes sucesos fíxoo ascender con rapidez, e en 1794 xa era Tenente de fragata.

En 1795 embarcou co seu tío nunha expedición que pretendía dar a volta ao mundo e permaneceu até 1880 en América do sur. No seu regreso a España foi apresado polos ingleses e liberado meses máis tarde. En 1802 ascendeu a Tenente de navío. Máis tarde participaría na Batalla de Trafalgar sendo ascendido de novo.

Presidente do Consello de Ministros

editar

Durante a Rexencia de María Cristina,(1837), foi nomeado embaixador en Londres, onde tratou de xestionar a intervención da Cuádrupla Alianza dunha maneira firme e con apoio militar durante a Primeira Guerra Carlista en favor da raíña Isabel II.

Aceptou o cargo de Ministro da Mariña, cargo que ocupou dende o 14 de setembro até o 25 de setembro de 1835 co Conde de Toreno. Coa saída deste do goberno, rexeitou continuar no gabinete, aínda que llo pedira Juan Álvarez Mendizábal. Nominalmente foi nomeado Presidente do Consello de Ministros antes de ser nomeado Mendizábal, pero non xurou o cargo, permanecendo en Londres. Finalmente foi nomeado embaixador en París.

Nas disputas entre o Partido Moderado e o Partido Progresista, decantouse por aquelas que apoiaron o Motín de la Granja de San Ildefonso, así como as consecuencias xurídicas que se derivaron dos sucesos coa aprobación da Constitución de 1837, que non xurou até 1838. Volveu á embaixada londiniense, máis tarde regresa a España en xuño de 1843, falecendo un mes máis tarde.

Reinado de Isabel II de España

Segue a:
José María Queipo de Llano Ruiz de Saravia
Miguel Ricardo de Álava
Precede a:
Juan Álvarez Mendizábal
Presidente do Goberno de España