San Cristovo do Real, Samos

parroquia civil do concello de Samos

San Cristovo do Real é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. Segundo o IGE en 2013 tiña 86 habitantes, deles 52 eran homes e 34 eran mulleres, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 127 habitantes.

San Cristovo do Real
ConcelloSamos[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°44′27″N 7°16′23″O / 42.7407, -7.27299
Poboación86 hab. (2013)
Entidades de poboación7[1]
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Hai referencia documental a esta parroquia nunha bula papal de 1175, na que figura a freguesía entre os dominios da abadía de Samos.

Patrimonio

editar

A Casa Forte de Lusío, fundado en 1551 por Lope Vázquez de Vilamexe, é unha edificación de dúas plantas cunha torre de pedra e cornixa moldeada en toda a fachada. Tamén están os restos dunha antiga ferraría que pertenceu á mesma casa, e de onde proceden as reixas da catedral de Lugo. O pazo foi restaurado pola Xunta de Galicia e converteuse nun albergue de peregrinos no ano 2010.[2][3] Hai un antigo muíño de auga no río Oribio, ben conservado.


 
Localidade anterior:
Triacastela, Triacastela
a 3 km
  Camiño de Santiago (Camiño Francés)  
San Cristovo do Real, Samos
(? msnm)
132 km á Catedral de Santiago de Compostela
 
 
Seguinte localidade:
Renche, Samos
→ a 2 km

Lugares e parroquias

editar

Lugares de San Cristovo do Real

editar
Lugares da parroquia de San Cristovo do Real no concello de Samos (Lugo)

Abradelo | O Covallo | Lusío | Nande | Reigosa | San Cristovo do Real | San Paio

Parroquias de Samos

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Samos

Castroncán (Santa Marta) | Estraxiz (Santiago) | Formigueiros (Santiago) | Freixo (San Silvestre) | Frollais (San Miguel) | Gundriz (Santo André) | Loureiro (Santa María) | Lousada (San Martiño) | Montán (Santa María) | Pascais (Santalla) | Reiriz (Santo Estevo) | Renche (Santiago) | Romelle (San Martiño) | Samos (Santa Xertrude) | San Cristovo de Lóuzara (San Cristovo) | San Cristovo do Real (San Cristovo) | San Mamede do Couto (San Mamede) | San Martiño do Real (San Martiño) | San Xil de Carballo (San Xil) | San Xoán de Lóuzara (San Xoán) | Santalla (San Xosé) | Suñide (Santa María) | Teibilide (San Xulián) | Zoó (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar