Lousada, Samos
San Martiño de Lousada é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 28 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Lousada | |
---|---|
Canzorro da ábsida da capela de San Román de Lousada. | |
Concello | Samos[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°46′00″N 7°18′49″O / 42.76663889, -7.31366667 |
Poboación | 40 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial de San Martiño de Lousada é de estilo románico cunha soa nave rectangular, realizada en cachotaría, cuberta de lousa a dúas augas sobre madeira. A ábsida situada a menor altura presenta unha parte recta e outra semicircular. No interior conserva imaxes de San Román, San Xoán, e da Virxe.
A Casa Pederlada é unha casa labrega con anexos para o gando e almacén de produtos agrícolas e aparellos de labranza. Construída en cachotaría de lousa, ten corredor que da acceso a vivenda e ao patio. No interior atopamos unha exposición de minerais da zona.
Lugares e parroquias
editarLugares de Lousada
editarLugares da parroquia de Lousada no concello de Samos (Lugo) | |
---|---|
Fontearcuda | Gosende | Lousada | San Román |