Parque de Oza

parque na Coruña

Coordenadas: 43°21′02″N 8°24′05″O / 43.3504808625, -8.4015057693024

O parque de Oza é un espazo verde cunha extensión de 55 000 metros cadrados situado na cidade da Coruña, no barrio do Castrillón, o que o converte nun espazo verde urbano e un pulmón para a cidade.

Parque de Oza

Historia e situación xeográfica editar

Tras presentarse o proxecto por primeira vez no ano 2005 e ser rexeitado, o parque foi construído no ano 2010, en resposta á gran demanda veciñal para a construción dunha zona verde no distrito. Ocupa o espazo no que se atopaba unha leira señorial abandonada, así como o coñecido Camiño do Corgo.

Ao redor do parque pódense atopar numerosos servizos a disposición dos usuarios, tales como colexios de educación primaria e infantil, educación secundaria, polideportivos, centro comercial, a igrexa de Oza e as estacións de bus e de tren.

Estrutura editar

O parque presenta unha estrutura en chanzos, presentando así diferentes niveis no seu interior. Todos estes niveis atópanse comunicados por diferentes camiños, ofrecendo un total de 2350 metros de percorrido lineal.

No seu nivel inferior, presenta un espazo habilitado para os nenos e as nenas, no que se atopan diferentes tipo de xogos separados por idades. Na zona superior, ofrécense dúas pistas de fútbol, así como varios tableros de pimpón. Na zona intermedia do parque, atópanse unha serie de maquinas cuxa función é a de permitir ás persoas de maior idade facer exercicio con seguridade.

A vexetación, as zonas de auga e os elementos históricos que existían antes da construción do parque son un dos elementos máis importantes do mesmo, que conta con diferentes especies arbóreas de gran valor botánico, así como a recuperación de diferentes fontes ou estanques, restos dos muros, unha paxareira etc.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar