Pedro Payo Piñeiro

Arcebispo de Manila

Pedro Payo Piñeiro, nado na Coruña o 15 de novembro de 1814 e finado en Manila o 1 de xaneiro de 1889,[1] foi un relixioso galego.

Modelo:BiografíaPedro Payo Piñeiro

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1814 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xaneiro de 1889 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Manila, Filipinas Editar o valor en Wikidata
Metropolitan Archbishop of Manila (en) Traducir
12 de marzo de 1876 –
← Gregorio Martínez (en) TraducirBernardino Nozaleda Villa →
Diocese: Arquidiocese de Manila (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico, Arcebispo Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
ConsagraciónJuan de la Cruz Ignacio, Cardenal Moreno y Maisonave Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1526095

Traxectoria

editar
 
Catedral de Manila tralo terremoto de 1880

Entrou no convento de San Domingos con dezasete anos.[2] En 1837 foi enviado ás Filipinas,[3] onde estudou na Universidade de Santo Tomás de Manila. En 1839 ordenouse sacerdote.[1]

Entre 1863 e 1866 foi nomeado procurador das misións en Hong Kong antes de volver ás Filipinas, onde ocupou diferentes cargos.[3] En 1872 faleceu o bispo de Cebú, entón a máis grande do mundo,[2] e tres anos despois Payo foi elixido para sucedelo.[1] Porén, non chegou a asumir o cargo porque foi nomeado arcebispo de Manila en 1876. Durante o seu bispado ordenou realizar un censo nas illas, estableceu un vapor por mor do conflito con Alemaña sobre as illas Carolinas e consagrouse a nova catedral de Manila.[1]

Recoñecementos

editar

Recibiu as Cruces de Isabel a Católica, de Carlos III e do Mérito Naval.[1] En 1966 o concello da Coruña nomeou unha rúa na súa honra en Eirís.[2][3]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Real Academia de Historia
  2. 2,0 2,1 2,2 Gutiérrez, José Manuel (01-10-2009). "Fray Pedro Payo Piñeiro: Tan lejana como las misiones". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 17-05-2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Naya, Juan. Calles y plazas coruñesas. Volumen II (en castelán). A Coruña: Grafinsa. p. 55-56. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar