Johannes Gutenberg

ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión

Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg, nado en Maguncia en c. 1398 e finado o 3 de febreiro de 1468, foi un ferreiro, ourive, impresor, e editor alemán que introduciu a impresión en Europa, sendo coñecido polas súas contribucións á tecnoloxía da impresión ao menos en tres dos seus procesos: nas matrices ou pranchas de impresión de tipos móbiles, na prensa e nas tintas para transferir os tipos ao pergamiño ou ao papel. O seu invento fixo posible a publicación de libros en grandes cantidades e foi un dos factores máis decisivos para a difusión das ideas do Renacemento en toda Europa.

Modelo:BiografíaJohannes Gutenberg

Johannes Gensfleish zur Laden zum Gutenberg
Biografía
Nacemento(de) Johannes Gensfleisch zur Laden zum Gutenberg Editar o valor en Wikidata
c. 1398
Maguncia Sacro Imperio Romano Xermánico
Morte3 de febreiro de 1468
(70 anos)
Maguncia Sacro Imperio Romano Xermánico
Lugar de sepulturaMaguncia Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMaguncia Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadealemán
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Erfurt (pt) Traducir (1418 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoInventor Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Maguncia
Estrasburgo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónferreiro, ourive, impresor, e editor
Familia
PaisFriele Gensfleisch zur Laden Editar o valor en Wikidata  e Else Wirich Editar o valor en Wikidata
IrmánsFriele Gensfleisch
Else Vitztum Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Neue Deutsche Biographie (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX994236 WikiTree: Gensfleisch-2 Find a Grave: 8145 Editar o valor en Wikidata

Entre as contribucións específicas á imprenta que se atribúen a Gutenberg está o uso de tipos móbiles metálicos para a confección das formas de impresión, coa loxística que implica (cálculo das cantidades de tipos e de letras que se utilizarán, facilidade para fundilas no momento que se necesitan, uso de matrices e punzóns etc.), o uso da tinta a base de aceite e a utilización dunha prensa de madeira similar ao parafuso das prensas de viño da época. A súa invención verdadeiramente transcendental foi a combinación destes elementos nun sistema práctico.

Gutenberg podería estar familiarizado coa técnica da impresión xilográfica, con bloques de madeira e podería traballar no gravado de ferros de cobre para un artista coñecido como Mestre dos Naipes.[1]

A utilización de tipos móbiles metálicos (no caso de Gutenberg, o chumbo) foi o elemento fundamental do novo proceso de impresión. Ata finais do século XX, pola edición dixital, foi a base do método de produción de libros en todo o mundo.

O sistema tecnolóxico de impresión de Gutenberg propagouse rapidamente por toda Europa e considérase un factor clave na evolución da cultura universal. Gutenberg segue sendo unha figura popular. En 1999, o A&E Network, unha poderosa cadea estadounidense de televisión por cable e satélite, clasificou a Gutenberg co número un na súa lista de "People of the Millennium" (Xente do milenio), e en 1997, a revista Times-Life escolleu o invento de Gutenberg como o máis importante do segundo milenio.

Traxectoria

editar
 
Gutenberg nun gravado en cobre do século XVI

Era o fillo máis novo do comerciante de clase alta Frele Gensfleisch zu Laden -quen adoptaría máis tarde o nome "zum Gutenberg", homónimo da veciñanza a onde a familia se trasladara-, e da súa segunda esposa Else Wyrich, que era filla dun tendeiro. Suponse que foi bautizado na zona próxima ao seu lugar de nacemento na Igrexa de St. Christoph zu Mainz en Maguncia.[2] A maior parte da vida de Gutenberg na súa fase inicial é un misterio. O seu pai traballou no ámbito eclesiástico e Gutenberg creceu coñecendo o comercio da ourivaría.[3] Segundo algúns informes, o seu pai Friel tiña entre os seus clientes ao arcebispo de Maguncia.[4] Gutenberg foi xoieiro e, xa que logo, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata, por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos ata artisticamente como traballo de ourive.[3]

O historiador Heinrich Wallau, vai apoiar isto o engadir que: "Nos séculos XIV e XV, os seus descendentes solicitaron un cargo hereditario como ... mestre da casa da moeda arcebispal. Sen dúbida nesta responsabilidade adquiriu considerables coñecementos e habilidades técnicas no traballo dos metais. Fornecía a casa da moeda co metal que necesitaba para cuñar, cambiou os diversos tipo de moeda, e tiña un asento nas sesións xurídicas para os casos de falsificación".[5]

Wallau engade: "O seu apelido deriva da casa habitada polo seu pai e os seus antepasados paternos zu Laden, zu Gutenberg. A casa dos Gänsfleisch eran unha das familias patricias da cidade, remontándose a súa liñaxe ao século XIII."[5] Os patricios en Maguncia a miúdo eran coñecidos polo nome da casa da súa propiedade.

 
Gutenberg facéndolle unha proba a unha prensa

En 1411, houbo un levantamento en Maguncia contra os patricios, e máis dun centenar de familias víronse obrigadas a marchar. Como resultado, crese que os Gutenberg se trasladaron a Eltville am Rhein (Vila Alta), onde a súa nai herdara un terreo. Probablemente estudou na Universidade de Erfurt, onde hai un rexistro dun estudante, en 1419, chamado Johannes de Altavila (Altavilla é a forma latina de Eltville am Rhein).[6][7] Trala morte do seu pai en 1419, menciónano no procedemento de herdanza.

En Maguncia, como outras cidades renanas, empezaron unhas fortes revoltas sociais e políticas que enfrontaron ao partido dos gremialistas co partido dos patricios, ao que pertencía Gutenberg, motivo polo cal tivo que fuxir da súa cidade.[5][8]

En 1434, Gutenberg trasladouse a Estrasburgo onde tiña uns parentes da súa nai e onde permaneceu varios anos. Gutenberg residiu no suburbio de Saint-Arbogast, cerca do convento do mesmo nome, a beiras do río Ill.[8]

Os arquivos da cidade confirman a súa presenza. Algúns destes documentos son recoñecemento de débedas, unha situación habitual na súa vida. [8] Entre 1436-1437 o seu nome aparece mencionado nos tribunais en relación cun compromiso de matrimonio cunha muller de Estrasburgo, Emel zu der Yser Tür,[9] aínda que se descoñece se o matrimonio tivo lugar.

O proceso de Estrasburgo

editar
 
Estatuas de Gutenberg, Fust e Schoeffer na praza Rossmarktplatz de Frankfurt (am Main)

Cara ao 1437, Gutenberg estaba asociado con tres ricos comerciantes, Hans Riff, Andreas Dritzehn e Andreas Heilmann, os que ensinaba ademais de exercer en actividades relacionadas co tallado de xemas e o puído de espellos para a súa venda aos peregrinos de Aachen, xa que se cría que capturaban a luz sagrada das reliquias relixiosas. Pero Gutenberg investía o seu tempo nun proxecto que levaba en segredo para protexerse contra eventuais imitadores.[8]

Pois en 1439 a cidade planeaba exhibir unha colección de reliquias do emperador Carlomagno e a sociedade esperaba vender moitos espellos, pero o evento atrasouse un ano, debido a unha gran inundación, ocasionando perdas nos seus investidores polo que a débeda non puido ser pagada.[10]

Tras este contratempo, os seus socios, que descubriran as actividades paralelas de Guteberg, insistiron en participar naquel misterioso asunto que o inventor levaba entre mans. Especulouse que este segredo puido ser a idea da impresión con tipos móbiles.[11] A lenda di que a idea lle veu "como un raio de luz".[12] Gutenberg, necesitado de diñeiro, accedeu e asinouse un contrato no que se estipulaba, entre outras cousas, que os tres incorporados deberían aboar a cantidade de 125 floríns. A morte súbita ese mesmo ano dun deles, Andreas Dritzehn, levou aos irmáns do falecido a esixir entrar na sociedade ou ben recibir unha compensación económica, aspecto que non estaba previsto nos termos do contrato, e Gutenberg negouse a tal pretensión. O caso foi levado en 1439 ante os tribunais, que fallaron en contra dos herdeiros.

O proceso de Estrasburgo fixo aflorar información sobre o proxecto, xa que as declaracións das testemuñas facían alusión á intensa actividade do taller, a adquisición de chumbo, dunha prensa, de moldes de fundición etc.[8]

Polo menos ata 1444 viviu en Estrasburgo, moi probablemente na parroquia St. Arbogast, tal como o demostra a súa inscrición, ese mesmo ano, nunha lista de homes útiles para defender a cidade contra as tropas do conde de Armagnac. Foi en Estrasburgo en 1440 cando se di que Gutenberg perfeccionou e deu a coñecer o segredo de impresión baseado na súa investigación, misteriosamente titulado Kunst und Aventur (arte e empresa). Non está claro a que tipo de traballo se dedicaba en Estrasburgo, ou se é que fixo alí algunhas das primeiras probas coa impresión de caracteres tipográficos móbiles. Logo disto, hai unha lagoa de catro anos na súa biografía. En 1448, el estaba en Maguncia, onde pediu un préstamo ao seu cuñado Arnold Gelthus, moi posiblemente para unha prensa de impresión ou algo relacionado con ela.

A creación da imprenta

editar
 
Biblia de Gutenberg.

O taller de Gutenberg estableceuse en Hof Humbrecht, unha propiedade que pertencía a un parente afastado. O negocio montado chamábase Dás Werk der Bücher, e de feito, constituíu a primeira imprenta tipográfica moderna.

No ano 1450, a prensa estaba en funcionamento, sendo posiblemente un poema alemán o primeiro artigo en ser imprimido alí.[13] Pola contra o Misal de Constanza, un libro impreso en 1449 ou 1450 por Gutenberg, é considerado por varias fontes como o primeiro en ser impreso nunha imprenta de tipos móbiles en Europa, xa que logo crese que o primeiro libro feito con caracteres móbiles foi o “Sutra do diamante” atopado na China e datado no ano 868 d.C..[14]

Gutenberg foi quen de convencer ao comerciante Johannes Fust, con quen formou sociedade, para que lle concedese un préstamo de 800 floríns.[15][16] O calígrafo Peter Schoeffer, formado en París, quen era xenro de Fust, tamén se uniu á empresa. Schöffer traballaba como escribán en París e crese que deseñou algúns dos primeiros tipos de letra. De feito, o invento foi unha tarefa conxunta na que Fust foi o elemento capitalista, e Gutenberg e Schoeffer (o cal posteriormente tivo unha fecunda carreira como impresor e usou tipos diferentes) achegaron a idea e o seu desenvolvemento.

Non está claro cando se concibiu o proxecto da Biblia de Gutenberg, pero para iso Fust emprestoulle outros 800 floríns, e o traballo iniciouse en 1452. Ao mesmo tempo, a prensa tamén estaba imprimindo outros textos, máis lucrativos (gramáticas posiblemente en latín). Tamén hai certa especulación de que puido haber dúas prensas, unha para os textos prosaicos e outra para a Biblia. Unha das empresas con ánimo de lucro da nova prensa foi a impresión de miles de indulxencias da Igrexa, documentadas en 1454-55.[Cómpre referencia] En 1455 Gutenberg completou a súa Biblia de 42 liñas, estímase que logrou imprimir, iluminar e encadernar 180 Biblias de 1.282 páxinas cada unha, a dúas columnas de 42 liñas. Hoxe en día (en 2003) existen 60 Biblias de Gutenberg, 12 en pergamiño e 48 en papel. Alemaña posúe polo menos 15 Biblias de Gutenberg, na súa maioría nas bibliotecas de institucións universitarias.

Logo da impresión da Biblia de 1452, a sociedade desfíxose e Schoeffer e Fust levaron a Gutenberg a un preito: os dous quedaron cos materiais de impresión e continuaron imprimindo outras obras .

Demanda xudicial

editar

Gutenberg arruinouse e, outra vez acosado polos acredores e levado aos tribunais, tivo que refuxiarse na comunidade de relixiosos da fundación de San Víctor. Uns anos máis tarde, Konrad Humery, un funcionario do concello de Maguncia, proporcionoulle material para montar un pequeno taller tipográfico de forma desinteresada. A súa actividade posterior foi moi escasa con produción de obras menores, como a tradución ao alemán dunha bula papal contra os turcos e un calendario médico en latín. Tamén participou na impresión dunha Biblia na cidade de Bamberg ao redor de 1459, na que, polo menos, proporcionou os tipos móbiles.

Pero nunca os seus libros levaron o seu nome ou unha data, polo que é difícil estar seguro da autoría das súas obras. Tamén se cre que realizou o gran dicionario Catholicon, uns 300 exemplares de 744 páxinas impresas en Maguncia o 1460.

Desde 1462, Gutenberg contou co mecenado da arcebispo elector de Maguncia, Adolf II de Nassau. En xaneiro de 1465 o mesmo arcebispo recoñeceu os seus méritos e deulle o título de Hofmann (membro da corte real), eximiuno de pagar impostos e concedeulle unha pensión anual de 2.180 litros de gran, un vestido anual e 2.000 litros de viño. Xa nos últimos anos da súa vida, trasladouse a Eltville onde participou na creación e supervisou unha nova imprenta dos irmáns Bechtermünze.

Segundo un escrito dun cóengo da fundación de San Víctor onde vivía, morreu o 3 de febreiro de 1468 e foi enterrado na igrexa dos monxes franciscanos en Maguncia. Esta igrexa foi destruída nun bombardeo de 1793 e na súa localización actual está a rúa "Peter Schöffer".

Precedentes

editar
 
Monumento a Gutenberg en Maguncia, coa catedral o fondo
 
Lugares de imprenta no século XV
 
Produción de libros en Europa ca. 1450–1800[17]

Cara a 1459 e anos anteriores, os libros eran difundidos a través das copias manuscritas de monxes e frades dedicados exclusivamente ao rezo e á réplica de exemplares por encargo do propio clero ou de reis e nobres. Tamén se copiaban libros a entidades oficiais (administracións públicas etc.) Ou por encargos particulares feitos a copistas profesionais que vivían, como autónomos, deste traballo. O libro manuscrito, pola súa fabricación artesanal, era un produto caro e, sobre todo, de produción moi limitada. Malia o que se cre, non todos os monxes copistas sabían ler e escribir. Realizaban a función de copistas, imitadores de signos que en moitas ocasións non entendían, o cal era fundamental para copiar libros prohibidos que falasen de medicina interna ou de sexo. As ilustracións e as maiúsculas eran produto decorativo e artístico do propio copista, que decoraba cada exemplar que realizaba segundo o seu gusto ou visión. Cada un deses traballos podía requirir ata dez anos.

Na Alta Idade Media utilizábase a xilografía en Europa para publicar panfletos publicitarios ou políticos, etiquetas e traballos de poucas follas. Para iso traballábase o texto en oco sobre unha tablilla de madeira, incluíndo os debuxos -un duro traballo de artesans?-. Unha vez confeccionada, axustábase a unha mesa de traballo, tamén de madeira, e impregnábanse de tinta negra, vermella ou azul (só existían esas cores), despois aplicábase o papel e con rodete fixábase a tinta. O desgastar da madeira era considerable, polo que non se podían facer moitas copias co mesmo molde. A este tipo de impresión chámaselle xilografía.

Cada impresor fabricaba o seu papel, outorgándolle a súa propia marca de auga a modo de firma de impresor. Por estas marcas de auga é polo que se coñecen os seus traballos.

Un factor determinante que non se deu antes en Europa nin noutras sociedades como as asiáticas, era o ambiente socioeconómico onde traballaron Gutenberg e Schoeffer. A Maguncia de mediados do século XV, como outras cidades alemás ou italianas do momento, era unha sociedade urbana, cunha importante e crecente clase burguesa que tiña recursos económicos, tempo libre e era capaz de ler (era unha clase social educada ou que, por dedicarse á industria ou ao comercio, necesitaba dominar a lectura e a escritura): había demanda de libros e, xa que logo, a produción en masa deste produto era rendible. As universidades, radicadas nas cidades, tamén xeraran un mercado que demandaba libros en grandes cantidades para o estudo.

Cabía, pois, un sistema que permitise prover, en grandes cantidades e a prezos moito máis baixos, un produto que se estaba pedindo. A sociedade Gutenberg-Schoeffer-Fust foron os primeiros en velo e formaron unha empresa comercial co obxectivo primario de obter beneficios. O éxito do invento deulles a razón. Nesta contorna, Gutenberg apostou a ser capaz de facer á vez varias copias da Biblia en menos da metade do tempo do que tardaba en copiar unha o máis rápido de todos os monxes copistas do mundo cristián, e que estas non se diferenciarían en absoluto das manuscritas por eles.

No canto de utilizar as habituais tablillas de madeira, que se desgastaban rapidamente co uso, confeccionou moldes en madeira de cada unha das letras do alfabeto e posteriormente reencheu os moldes con ferro, creando os primeiros «tipos móbiles». Tivo que facer varios modelos das mesmas letras para que coincidisen todas con todas, en total máis de 150 «tipos», imitando perfectamente a escritura dun manuscrito. Tiña que unir unha a unha as letras que suxeitaba nun enxeñoso soporte, moito máis rápido que o gravado en madeira e infinitamente máis resistente ao uso.

Como prancha de impresión, amoldou unha vella prensa de uvas á que suxeitaba o soporte cos «tipos móbiles», deixando o oco para letras capitais e debuxos. Estes, posteriormente, serían engadidos mediante o vello sistema xilográfico e terminados de decorar de forma manual. Hai que remarcar que o interese pola impresión rápida e económica de libros era comercial. Parece que, ata, quixéronse facer pasar as súas primeiras Biblias como exemplares realizados a man, para cobrar a prezo de manuscrito.

O que Gutenberg non calculou ben foi o tempo que lle levaría poñer en marcha o seu novo invento, polo que antes de finalizar o traballo quedou sen diñeiro. Volveu solicitar un novo crédito a Johannes Fust, e ante a desconfianza do prestamista, ofreceulle entrar en sociedade. Johannes Fust aceptou a proposta e delegou a vixilancia dos traballos de Gutenberg ao seu sobriño, Peter Schöffer, quen se puxo a traballar cóbado con cóbado con el á vez que vixiaba o investimento do seu tío.

Tras dous anos de traballo, Gutenberg volveu quedar sen diñeiro. Estaba preto de rematar as 150 Biblias que se propuxera, pero Johannes Fust non quixo ampliarlle o crédito e deu por vencidos os anteriores, quedándose co negocio e poñendo á fronte ao seu sobriño, ducho xa nas artes da nova impresión como socio-aprendiz de Gutenberg.

Gutenberg saíu da súa imprenta arruinado e cóntase que foi acollido polo bispo da cidade, o único que recoñeceu o seu traballo, ata a súa morte poucos anos despois de recoñecerse o traballo.

Peter Schöffer rematou o traballo que iniciou o seu mestre e as Biblias foron vendidas rapidamente a altos cargos do clero, incluído o Vaticano, a moi bo prezo. Pronto empezaron a chover encargos de novos traballos. A rapidez da execución foi sen dúbida o detonante da súa expansión, posto que antes a entrega dun só libro podía pospoñerse durante anos.

Elementos innovadores da imprenta de Gutenberg

editar

Os tipos móbiles

editar

A invención dos tipos móbiles en occidente atribúese a Johannes Gutenberg; crese que os inventou sen coñecemento da existencia de inventos similares ocorridos na China e Corea. A primeira referencia a algún modelo de tipos móbiles na historia parece ser a do aparello inventado polo chinés Bi Sheng cara ao ano 1040 d.C.; o seu funcionamento foi descrito no Meng xi bitan 夢溪筆談 (1088) de Shen Kuo (1031-1095).[18]

Matrices xilográficas

editar

Desde finais do século XIV utilizáronse en Europa matrices de impresión de madeira, que son o negativo, a imaxe especular dunha páxina, cortadas nun soporte ríxido (normalmente era un bloque de madeira) que entintado transfería a imaxe, mediante presión ao pergamiño ou o papel. Estas matrices contiñan tipos fixos: cifras, parágrafos, páxinas completas ou imaxes, parágrafos… labrados (gravados) sobre táboas de arxila mol e logo cocidas ou talladas sobre madeira– coñecíanse desde había moito tempo. As primeiras foron case contemporáneas da invención da escritura, as táboas de arxila sobre as que os sumerios codificaron e marcaron os primeiros inventarios de produción agrícola e cobraron os primeiros impostos, contra o 3500 a.C.

Estritamente, matrices deste tipo atópanse desde a Antigüidade. Hai testemuños de moldes para gravar sobre tablillas de arxila utilizados na antiga Mesopotamia para marcar frases que debían usarse repetidamente en documentos administrativos, ou os selos cilíndricos para imprimir sobre o barro as firmas do propietario ou emisor do documento. Igualmente, algunhas placas metálicas da antiga Grecia presentan textos gravados cun molde, do mesmo xeito que os selos que os romanos utilizaban para marcar sobre o barro das ánforas de aceite ou viño. O seu uso, con todo, era moi limitado.

O paso de cortar un texto completo a un bloque a cortarse só un carácter e combinalo con outros foi o definitivo. O feito de que en Europa tivesen éxito, a diferenza da imprenta coreana, radica no carácter alfabético do escritura occidental que só require a elaboración dun número reducido de tipos diferentes, un para cada letra do alfabeto, mentres que a escritura chinesa, tamén utilizada por coreanos, é ideográfica e require miles de tipos diferentes, un para cada concepto, idea ou palabra.

Os tipos individuais móbiles

editar
 
Tipos móbiles

Gutenberg está considerado como o primeiro europeo (pois os chineses e coreanos xa os usaban) en usar os tipos móbiles de chumbo fundido, máis duradeiros e resistentes que os fabricados en madeira, e polo tanto reutilizábeis que conferiron unha enorme versatilidade ao proceso de elaboración de libros e á súa masificación. Inicialmente estes eran singulares (únicos), como unha obra de arte, elaborados a man letra por letra, palabra por palabra, por un Scriba nun Scriptorium.

A diferenza –e vantaxe– entre os tipos móbiles de Gutenberg e os orientais dos chineses e coreanos non é desprezábel, estriba no carácter alfabético da escritura occidental que require soamente a elaboración dun número reducido de clases de tipos, un por cada letra do alfabeto, mentres que a escritura chinesa, tamén usada polos coreanos, é ideográfica e require milleiros de clases de tipos, un para cada concepto, idea ou palabra.

A prensa

editar

É outra das contribucións de Gutenberg; con anterioridade empregáranse, tamén desde a época de Sumeria, discos ou cilindros sobre os cales se labraba o negativo do texto a imprimir, que xeralmente era só a rúbrica do dono do cilindro e outorgaba certeza de autenticidade ás táboas que a levaban. As prensas da Idade Media eran simples táboas grosas e pesadas ou bloques de pedra que se apoiaban sobre a matriz de impresión xa entintada para transferir a súa imaxe ao pergamiño ou papel. A prensa de Gutenberg é unha adaptación daquelas usadas para espremer o zume das uvas na fabricación do viño, coas cales Gutenberg estaba familiarizado, pois Maguncia, onde naceu e viviu, está no val do Rin, unha rexión vinícola desde a época dos romanos.

As tintas e o papel de impresión

editar

O interese de Gutenberg pola impresión rápida e económica de libros era en gran medida comercial e incluso chegouse a afirmar que quixo facer pasar as súas primeiras Biblias por exemplares realizados a man. Antes de inventar os tipos removíbeis fora xoieiro, coñecedor da arte da construción de moldes e da fundición de ouro e prata; por iso logrou facer excelentes tipos, valiosos incluso artisticamente como traballo de ourive.

Tras a invención dos tipos e a adaptación da prensa vinícola, Gutenberg seguiu experimentando coa prensa até lograr un aparello funcional. Tamén investigou sobre o papel ou o vélaro e as tintas. Uns e outras tiñan que comportarse de tal xeito que as tintas se absorbesen polo papel sen se correren, asegurando a precisión dos trazos; necesitábase que o secado fose rápido e a impresión permanente. Por iso, Gutenberg experimentou con pigmentos de base de aceite -que non soamente usou para imprimir coas matrices, senón tamén para as capitulares e ilustracións que se realizaban manualmente- e co papel de trapo de orixe chinesa introducido en Europa na súa época.

Legado

editar
 
Selo alemán do ano 1961 dedicado a Gutemberg

Gutemberg non puido sacar rédito do seu invento, non obstante as tecnoloxías da impresión difundironse rapidamente: a imprenta de Gutemberg facilitou a impresión de libros e noticias o que permitiu unha máis rápida difusión de noticias e libros, o que facilitou que empezaran a circular por Europa moito máis rápido que antes. Este aumento na difusión do coñecemento alimentou o crecemento do Renacemento, xa que facilitou enormemente a publicación científica, que foi un importante catalizador para a revolución científica máis tarde.

A capitalidade da imprenta en Europa pasou a Venecia, onde os impresores visionarios, como Aldo Manuzio, garantiron a dispoñibilidade xeneralizada dos principais textos gregos e latinos. Este auxe italiano da imprenta fomenta, en parte, as teorías cara a unha orixe italiana para os tipo móbiles. Non obstante este feito podería ser debido polo feito de que Italia era a potencia dominante no comercio do papel e da impresión, xunto co feito de que a economía italiana se atopase crecendo fortemente, o que facilitaba a difusión da alfabetización. Por outra banda, a cidade de Maguncia foi saqueada en 1462, o que forzou a moitos dos seus habitantes a tomar o camiño do exilio (incluíndo un bo número de impresores e cortadores).

A impresión converteuse nun factor clave na Reforma protestante: Martiño Lutero viu como as súas Noventa e cinco Teses, que colocou na porta da súa igrexa, foron impresas e distribuídas amplamente, posteriormente emitíronse tamén follas soltas, delineando a súa loita contra o comercio das indulxencias (ironicamente, as primeiras impresións de Gutenberg foron indulxencias).

O formato saba converteuse en formato dos xornais. Definindo os medios de comunicación que hoxe coñecemos.

Nas décadas posteriores a Gutenberg, moitos clientes conservadores desprezaban os libros impresos, de menor prezo, considerando os libros producidos a man máis apropiados. A corte papal considerou esixir ás prensas de impresión o obter unha licenza para levar a cabo a súa actividade, con todo non chegou a decretalo.

Os libros, follas e imaxes impresas de antes de 1501 (en Europa) denomináronse Incunables: son recoñecidos como incunables os libros impresos entre 1453 (data da invención da imprenta moderna) e 1500 (incluído), procedentes dunhas 1.200 imprentas, distribuídas entre 260 cidades, cun lanzamento aproximado de 35.000 obras diferentes. Estes obxectos convertéronse en verdadeiros tesouros dada o seu rareza (en número) e a innegable contribución da imprenta no desenvolvemento do coñecemento en Europa.

Dada a importancia do seu invento o nome de Gutenberg pasou aos anales da historia, sendo cualificado como unha das persoas máis influyentes da historia.[19] Así, dada esta interpretación, atopamos moitos monumentos, estatuas, institucións e proxectos que adoptaron o nome de Gutemberg. Por exemplo en Maguncia atópanse a Universidade Johannes Gutenberg, o Museo Gutenberg, o Proxecto Gutenberg etc.

Outros datos de interese

editar
  • Outros impresos de Gutenberg (Incunables): monotipos e ilustracións, Gramática Latina, Catholicon, Calendario etc.
  • A Universidade de Maguncia ten por nome completo Johannes Gutenberg-Universität Mainz (Universidade Johannes Gutenberg de Maguncia)
  • Laurens Janzoon Koster, impresor holandés, contemporáneo de Gutenberg pero máis vello; afírmase que inventou a prensa tipográfica antes que Gutenberg

Galería de imaxes

editar
  1. Lehmann-Haupt, Hellmut (1966). Yale University Press, ed. Gutenberg and the Master of the Playing Cards. New Haven. 
  2. Landeshauptstadt Mainz. "St. Christopher's - Gutenberg's baptismal church". Arquivado dende o orixinal o 04/11/2014. Consultado o 7/11/2013. 
  3. 3,0 3,1 Lienhard, John H. The Engines of Our Ingenuity, ed. "No.753:JOHANN GUTENBERG" (en castelán). Consultado o 3/11/2013. 
  4. Hanebutt-Benz, Eva-Maria. "Gutenberg and Mainz" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11-12-2006. Consultado o 24-11-2006. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Wallau, Heinrich (1910.). "Johann Gutenberg". En Robert Appleton Company. L'Enciclopèdia Catòlica (en inglés) 7. Nova York. Consultado o 8/11/2013. 
  6. Martin, Henri-Jean (1995). "The arrival of print". En University of Chicago Press. The History and Power of Writing (en inglés). pp. 217. ISBN 0-226-50836-6. 
  7. Dudley, Leonard (2008). "The Map- maker's son". En Edward Elgar. Information revolutions in the history of the West (en inglés). Northampton, MA. p. 78. ISBN 978-1-84720-790-6. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Biografies i vida
  9. Museu Gutenberg (ed.). "Die Zeit Johannes Gutenbergs (Cronoloxía de Gutenberg)" (en alemá). Arquivado dende o orixinal o 22-12-2006. Consultado o 24-11-2006. 
  10. Burke, James (1978). Macmillan Publishers, ed. Connexions. Londres. pp. 101. ISBN 0-333-24827-9. 
  11. Burke, James (1978). Macmillan Publishers, ed. Connections. Londres. pp. 101. ISBN 0-333-24827-9. 
  12. Burke, James (1985). Little, Brown and Company, ed. The Day the Universe Changed. Boston, Toronto. ISBN 0-316-11695-5. 
  13. Klooster, John W. (2009). ABC-CLIO, ed. Icons of invention: the makers of the modern world from Gutenberg to Gates. Santa Barbara, CA. p. 8. ISBN 978-0-313-34745-0. 
  14. Libros y Lugares (ed.). "Primera imprenta, primer libro impreso". Consultado o 10/11/2013. 
  15. "LOGOS » Historia de la Ciencia". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 10 de novembro de 2013. 
  16. "CNICE. Historia del libro". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2009. Consultado o 10 de novembro de 2013. 
  17. Buringh, Eltjo; van Zanden, Jan Luiten (2009). "Charting the “Rise of the West”: Manuscripts and Printed Books in Europe, A Long-Term Perspective from the Sixth through Eighteenth Centuries". The Journal of Economic History 69 (2): 409–445 (417, tabla 2). 
  18. Needham, Joseph (1994). "Volume 4". En Cambridge University Press. The Shorter Science and Civilisation in China (en inglés). p. 14. ISBN 9780521329958. Bi Sheng... who first devised, about 1045, the art of printing with movable type. 
  19. No libro The 100: A Ranking Of The Most Influential Persons In History de Michael Hart Gutemberg atópase na oitava posición

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar