Juan González Rodríguez

avogado e político galego

Juan González Rodríguez, nado na Coruña o 27 de novembro de 1873 e finado na mesma cidade o 26 de xaneiro de 1960, foi un avogado e político galego.

Juan González Rodríguez
Nacemento27 de novembro de 1873
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento26 de xaneiro de 1960
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Foi presidente do Casino Republicano da Coruña. Foi alcalde da Coruña en tres períodos diferentes. O seu primeiro mandato foi entre 1919 e 1920 e o segundo un ano máis tarde. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Coa chegada da República volveu ser elixido alcalde da Coruña logo da dimisión de Ángel Senra Fernández o 26 de agosto de 1931, permanecendo co cargo ata o 21 de xullo de 1932, cando foi nomeado gobernador civil de Ourense. Continuou no cargo ata o 3 de outubro de 1933 en que pasou ao Goberno civil de Lugo. Afiliado a Izquierda Republicana, volveu ser concelleiro da Coruña no período da Fronte Popular.


Predecesor:
Gerardo Abad Conde
  
Alcalde da Coruña
 
1919 – 1920
Sucesor:
Antonio Lens Viera
Predecesor:
Antonio Lens Viera
  
Alcalde da Coruña
 
1921 – 1922
Sucesor:
Maximiliano Asúnsolo Linares-Rivas
Predecesor:
Ángel Senra Fernández
  
Alcalde da Coruña
 
1931 - 1932
Sucesor:
Manuel Iglesias Corral

Vida persoal Editar

Casou con Emilia Catoira Touriñán e foi pai de Luciano, Jenaro, José Luis, Alfonso e Javier González Catoira.

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar