Ángel Senra
Ángel Senra Fernández, nado en Santa Cristina de Barro (Noia) en 1860 e finado na Coruña o 2 de abril de 1932, foi un empresario e político galego. Foi alcalde da Coruña en 1931.
Ángel Senra | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1860 |
Lugar de nacemento | Barro |
Falecemento | 2 de abril de 1932 |
Lugar de falecemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | emprendedor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Traballou como aprendiz e despois como operario en Brión, Santiago, Ordes e Oza dos Ríos. Estableceu o seu primeiro taller no Burgo. Trasladouse ao Portazgo e de alí a Monelos, establecéndose finalmente na rúa da Alameda da Coruña. Pasou despois a San Andrés e o Cantón Grande, onde instalou a súa primeira fábrica de calzado, que trasladou en 1912, a un local edificado nas hortas de Pernas. Durante a primeira guerra mundial subministrou ao exército francés. En 1924 montou unha gran fábrica de calzado na Parromeira. A fábrica chegou a exportar ata mil pares de zapatos diarios, unha gran parte para países suramericanos.
Membro da Cámara de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, durante moito tempo foi vicepresidente primeiro. Republicano, foi concelleiro e tenente de alcalde en varias corporacións. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado gobernador civil interino. E o 17 de abril foi elixido, por unanimidade, alcalde da cidade. Mantívose no cargo ata o 26 de agosto de 1931, cando presentou a súa dimisión por motivos de saúde. Faleceu un ano despois.
Predecesor: Antonio Lens Viera |
Alcalde da Coruña 1931 |
Sucesor: Juan González Rodríguez |
Notas editar
- ↑ O cemiterio de Santo Amaro. Memoria de dous séculos. Concello da Coruña, Fundación Emalcsa. 2012. ISBN 978-84-616-1077-8.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Empresario modelo y alcalde republicano artigo en La Voz de Galicia (en castelán)