Berta Tapia
política galega
María Berta Tapia Dafonte, nada na Coruña o 1 de febreiro de 1927, foi unha política galega. Foi alcaldesa da Coruña entre 1978 e 1979.
Berta Tapia | |
---|---|
Nacemento | 1 de febreiro de 1927 |
Lugar de nacemento | A Coruña |
Nacionalidade | España |
Ocupación | política |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
En 1973 foi elixida concelleira no consistorio coruñés polo terzo familiar. Cando a finais de 1978 dimite o alcalde José Manuel Liaño Flores, ela era primeira tenente de alcalde e convértese en alcaldesa. Foi a primeira muller en ocupar a alcaldía na historia da cidade. Estivo no cargo catro meses, ata as eleccións municipais de 1979. En abril dese ano, pouco antes de abandonar María Pita, inaugurou a nova sede da Real Academia Galega, acto ao que asistiu o rei Xoán Carlos I. Despois, retirouse da vida política.
Predecesor: José Manuel Liaño Flores |
Alcaldesa da Coruña 1978 – 1979 |
Sucesor: Domingos Merino |