Benito Plá Cancela

avogado, escritor e político galego

Benito María Plá Cancela, nado en Ferrol o 31 de decembro de 1812 e finado na Coruña o 3 de xuño de 1874, foi un avogado, escritor e político galego.

Benito Plá Cancela
Nacemento31 de decembro de 1812
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento3 de xuño de 1874
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado, escritor e político
editar datos en Wikidata ]
Tumba de Plá y Cancela no cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e deseguida dedicouse á política obtendo acta de deputado pola provincia de Lugo en 1843, aos trinta anos. En 1863 volveu ser elixido deputado polo distrito da Coruña, e novamente en 1864 e 1867. Chegou a ser presidente do Congreso[Cómpre referencia] e director xeral da Débeda. Como deputado conseguiu a construción da liña de ferrocarril entre Ponferrada e A Coruña, á que se opuñan dende Zamora, pois pretendían que a liña fose por Zamora a Vigo. Fundou a Revista Jurídica de Galicia, da que dependía El Eco, e o Boletín Judicial de Galicia. Publicou algunhas obras sobre temas xurídicos.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar