Luis José Sartorius
Luís José Sartorius Tapia, nado en Sevilla o 1 de febreiro de 1820 e finado en Madrid o 22 de febreiro de 1871, foi Conde de San Luís, xornalista e político español.
Luis José Sartorius | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1820 e 1815 |
Lugar de nacemento | Sevilla |
Falecemento | 22 de febreiro de 1871 |
Lugar de falecemento | Sevilla |
Nacionalidade | España |
Ocupación | xornalista, político e Ministro |
Pai | Andreas Sartorius y Frier |
Nai | Joaquina Sanchez de Oviedo Tapia |
Fillos | Don Fernando Sartorius y Chacón, 3.Conde de San Luis, Vizconde del Priega |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
De familia de orixe polaca, Sartorius formouse como autodidacta do periodismo, fundando El Heraldo, xornal que se converteu nun dos esteos do Partido Moderado durante o reinado de Isabel II. Dende as súas páxinas combateu a rexencia de Espartero, o que lle permitiu en recompensa ser elixido Deputado en 1843. Foi Ministro de Gobernación con Ramón María Narváez. Dende este posto controlou os procesos electorais e atribúeselle falsificar moitos dos resultados en distintas eleccións mentres que ocupou o cargo, o que lle obrigou a dimitir en 1851.
Foi nomeado Presidente do Consello de Ministros en 1853, en plena crise dos gobernos moderados dende a caída de Juan Bravo Murillo. Tras perder varias votacións no Congreso dos Deputados e no Senado, o 9 de decembro decidiu disolver as Cámaras e gobernar mediante decreto, vulnerando a Constitución de 1845. Neste período iniciou a persecución dos moderados adictos a Leopoldo O'Donnell, así como aos progresistas até a Vicalvarada e con ela, o fin da Década Moderada e o paso ao Bienio Progresista
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Lersundi y Hormaechea |
Luis José Sartorius | Precede a: Fernando Fernández de Córdova |
Presidente do Goberno de España |
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luis José Sartorius |