Manuel Deschamps

Capitán de barco galego

Manuel Deschamps Martínez, nado en Sigrás (Cambre) en 1853 e finado en Canet de Mar (Barcelona) en 1923, foi un capitán de barco galego.

Infotaula de personaManuel Deschamps

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1853 Editar o valor em Wikidata
Sigrás, España Editar o valor em Wikidata
Morte1923 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
Canet de Mar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncapitán de barco Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Deschamps, quen obtivo o título de piloto en 1872, entrou na Compañía Transatlántica seis anos despois.[1] En 1898, dirixindo o Montserrat, burlou por tres veces o bloqueo estadounidense á illa de Cuba. Logrou atracar en Cienfuegos cargado de víveres e 500 soldados.[2]

Trala guerra hispano-estadounidense seguiu a súa carreira como mariño mercante. Dirixiu, entre outros, o Santa Isabel na súa viaxe inaugural.[3]

En 1998 os seus restos foron trasladados ao Panteón de Marinos Ilustres de San Fernando (Cádiz). É o único civil soterrado alí.[1]

Recoñecementos editar

Pola súa acción en Cuba recibiu a Gran Cruz do Mérito Naval, ademais dunha pensión.[4]

O concello da Coruña bautizou en 1971 unha rúa co seu nome. Igualmente, o de Cambre púxolle o seu nome a unha praza.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Gente de Cádiz". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  2. Blanco, Katiuska (2006). Todo el tiempo de los cedros: paisaje familiar de Fidel Castro Ruz (en castelán). Txalaparta. p. 31. 
  3. "Recuerdos del pasado. La historia olvidada del vapor "Santa Isabel"". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2018. Consultado o 12 de xaneiro de 2018. 
  4. "Deschamps". ABC (en castelán). 5-4-1908. Consultado o 12-1-2018. 
  5. "Cambre homenajea a un héroe de la guerra de Cuba con un gran monolito", artigo en La Voz de Galicia, 8 de novembro de 2003 (en castelán)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar